
- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2006
- ISBN:
- 978-84-9782-477-4
- Páginas:
- 240
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- Crónica
VINTE ANOS RETORNANDO
NEIRA VILAS, XOSE
Xosé Neira Vilas memorializa neste libro a experiencia das doce viaxes que realizou coa súa compañeira Anisia Miranda dende 1972 ata 1992, cando, despois de corenta e tres anos na emigración americana, deciden radicarse definitivamente en Galicia. Nestas memorias da súa condición de ?emigrante retornado? con billete de ida e volta, o escritor de Gres reconstrúe con prosa brillante e minuciosa tanto a peripecia vital daqueles días, os emocionantes reencontros con familiares amigos, así como a súa documentada interpretación dos acontecementos políticos e culturais dun período coincidente coa chamada Transición. Unha crónica apaixonante dun amor compartido e compatible entre Cuba e Galicia, as súas dúas patrias. A primeira entrega memorialística dunha das grandes figuras da cultura galega contemporánea.