
- Editorial:
- RINOCERONTE EDITORA
- Año de edición:
- 2014
- ISBN:
- 978-84-92866-60-1
- Colección:
- Contemporánea
XA NON HAI ACOUGO
ACHEBE, CHINUA
Á súa volta á Nixeria, logo de estudar en Gran Bretaña, Obi Okonkwo intenta seguir os seus nobres ideais e non ceder ante a sociedade corrupta do seu país. Porén, todo cambia cando o mozo, neto do protagonista de Todo se esfarela, se namora dunha rapaza que os seus pais non aceptan e se ve inmerso nun caos emocional e económico. A tentación do diñeiro fácil vólvese máis dificil de rexeitar, e cae nunha trampa da que non poderá escapar facilmente.
Xa non hai acougo é a segunda entrega da «Triloxía africana», precedida de Todo se esfarela e que continúa con A frecha de deus.