- Editorial:
- EVEREST GALICIA
- Año de edición:
- 2009
- ISBN:
- 978-84-403-1118-4
- Páginas:
- 160
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- Punto de Encontro
XOGRARES DUN TEMPO NOVO
CARBALLUDE, PEPE
Xograres dun tempo novo é unha historia de amor tráxico. Francisca Porta, unha muller recluída nunha residencia da terceira idade, diante do autorretrato de Agustín Llaneza, o compañeiro paseado durante a guerra civil, lembra as súas andainas coas Misións Pedagóxicas.
Neste labor encomiable para tentar paliar as diferenzas de oportunidades culturais existentes desde sempre entre o rural e o urbano, entre a aldea e a cidade, participaron algunhas das figuras máis sobranceiras das nosas letras e artes como Rafael Dieste ou Urbano Lugrís. Francisca Porta rememora este pasado vivencial que tamén lle axuda a levar mellor as feridas magoantes da vida.
Novela de actualidade que ten un dobre obxectivo: facer xustiza coa memoria e descubrirlles ós mozos anacos esquecidos da nosa historia.