0

Búsqueda de Editorial : AIRA EDITORIAL / Colección : < Xenérica > 84 resultados

  • O BO VASALO
    O BO VASALO
    NARLA, FRANCISCO
    Principios do século XII: O Galego é un xeseiro que leva mal as inxustizas. Mais baixo o seu perenne silencio garda un segredo. O segredo do que ocorreu en Valencia tras a conquista do Cide uns anos antes.Francisco Narla recrea un dos episodios máis coñecidos e peor contados da historia medieval: as fazañas dun guerreiro que se enfrontou por igual a cristiáns e musulmáns, que s...

    23,90 €

  • XULIA E AS CÓXEGAS DAS NUBES
    XULIA E AS CÓXEGAS DAS NUBES
    GIRÁLDEZ, DIEGO
    Xulia decidiu nacer antes do previsto.Xusto o día que ficou sen electricidade a TurboBarloventa, a máquina que fabrica nubes de vida.Haberá algo que a poida substituír? ...

    16,00 €

  • OS OITO MITOS DE PALERMO
    OS OITO MITOS DE PALERMO
    SEIJAS, ANTONIO
    Que nos evocan o nome das cidades míticas? Como se filtran no noso subconsciente as experiencias que vivimos? Como gobernan a nosa rutina os soños que nos fascinan?Este libro de poemas combina potentes imaxes visuais e un vertixinoso ritmo. Unha ferida literaria profunda. A obra que consolida a Antonio Seijas como autor literario. ...

    14,00 €

  • MAMUT
    MAMUT
    BALTASAR, EVA
    Unha muller que busca o seu sitio nun mundo no que lle custa atopar acomodo. Unha masía a piques da ruína que se converte no seu refuxio. Unha novela fascinante que converte o aparentemente trivial en alta literatura grazas ao poder da linguaxe.Esta novela pecha a triloxía «Tres corpos salvaxes», coa que Eva Baltasar se converteu nunha das voces máis orixinais e poéticas da lit...

    16,00 €

  • OS CORPOS FRÁXILES
    OS CORPOS FRÁXILES
    RUVIRA, SOFÍA
    Esta é unha novela sobre a relación entre unha neta e unha avoa. Sobre a descuberta da finitude, da fraxilidade.A primeira novela de Sofía Ruvira busca a literatura nos pequenos detalles e nas emocións universais que levan movendo o mundo desde sempre. ...

    15,00 €

  • TITA
    TITA
    BLANCO, CONCHA
    A tita vive con Noa e a súa familia. Axuda na casa e apréndelle á nena cousas moi valiosas para a vida. Mais un día, o cuarto da tita aparece baleiro. Onde marchou? Por que ninguén lle conta nada a Noa?Unha das obras máis famosas de Concha Blanco nunha nova edición ilustrada por Miguel Robledo. ...

    13,00 €

  • BANAINAS
    BANAINAS
    PAZOS MIRANDA
    1,2,3! Prepárate para as disparatadas trasnadas dos Banainas, un grupo de criaturas que che farán rir a esgalla! Únete a esta atoliscada cuadrilla do Colexio Animal Darwin e desfruta coas súas aventuras!Gargalladas garantidas en cada páxina. Personaxes inesquecibles. Nunca volverás ver o cole cos mesmos ollos. ...

    19,95 €

  • AS LETRAS DA GALICIA PEQUENIÑA
    AS LETRAS DA GALICIA PEQUENIÑA
    CEQUELIÑOS, CÉSAR / CAMPOS, JORGE
    Letras, palabras, frases, historias… A lingua galega expresa o que sentimos, desexamos e inventamos. Ven coñecela do xeito máis divertido. ...

    19,95 €

  • QUERO ESCRIBIR LITERATURA
    QUERO ESCRIBIR LITERATURA
    VEIGA, MANUEL
    Ola. Se escolliches este libro é porque pensaches algunha vez en escribir. Escribir un conto, un poema, se cadra unha novela. Este non é un libro de receitas nin un manual. É unha invitación a deixarse levar polas palabras e as historias. ...

    16,00 €

  • ONDE OUVEAN OS MONTES
    ONDE OUVEAN OS MONTES
    NARLA, FRANCISCO
    Esta é a historia dun amor e dunha vinganza. Unha historia sobre o poder e sobre o imposible. Unha historia sobre a fin da República de Roma desde un punto de vista moi orixinal.Francisco Narla demostra de novo a súa gran capacidade narrativa nesta novela de aventuras onde a pulsión da natureza se enfronta á ruindade humana. Cazadores e presas nun relato que te vai deixar sen r...

    19,95 €

  • AS FILLAS DA CRIADA
    AS FILLAS DA CRIADA
    ÓNEGA, SONSOLES
    Febreiro do ano 1900. No pazo do Espírito Santo, en Punta do Bico, á beira do Atlántico, á vista das illas Cíes, nacen ao mesmo tempo dúas nenas: Catalina e Clara, fillas de dona Inés, a señora, e de Renata, a criada, respectivamente. Os pecados dos pais marcarán as súas vidas, testemuñas do convulso século.Unha saga familiar sobre a rebeldía das mulleres contra o seu destino q...

    22,90 €

  • UNHA GRIPE CABALUDA
    UNHA GRIPE CABALUDA
    IGLESIAS, BIEITO
    O inspector Benito Marañao volve ás rúas. Ás rúas desertas do confinamento pola «gripe cabaluda» que se estendeu polo mundo no 2020. Desta volta o retranqueiro policía terá que investigar a misteriosa morte dunha moza de quince anos, nuncaso que non é o que parece.Bieito Iglesias volve enfiar os vimbios da novela negra co relato humorístico nunha obra que é alto cume da lingua ...

    16,00 €

  • O SEGREDO DAS IRMÁS ASOREY
    O SEGREDO DAS IRMÁS ASOREY
    ESTEVEZ, MARTA
    A proclamación da II República, o 14 de abril do 1931, coincide coa morte do prestixioso doutor Asorey en Santiago de Compostela e co asasinato da lavandeira que se ocupaba de facer a bogada na casa del. A incerteza do tempo histórico e o medo das súas catro fillas, que vivían con el, vainas obrigar a tomar unha decisión que condicionará as súas vidas para sempre.Unha novela de...

    21,90 €

  • CANDO CHEGA O OUTONO
    CANDO CHEGA O OUTONO
    REY NOYA, MARIÑA
    Ourizo Neto camiña canda a avoa polo bosque facendo preguntas sobre todo o que observa. Entenderá como muda a natureza conforme pasa o tempo?Unha fermosa historia chea de poesía e beleza que nos achega aos cambios das estacións e os efectos que produce no bosque, cheo de luz e de misterios. ...

    16,00 €

  • XAORA
    XAORA
    MOREIRAS, ANA
    Virxinia anda medio perdida. As súas dores físicas e mais as cicatrices emocionais tráena sen azos, buscando respostas para as grandes preguntas ás que se quere enfrontar como adulta. A visita da pantasma da súa avoa, vitalista, descarada, feliz por recuperar o vizo da mocidade, axudaraa a comprender que é o realmente valioso e auténtico.Ana Moreiras amosa nesta novela gráfica ...

    19,95 €

  • JOAQUÍN VAAMONDE CORNIDE
    JOAQUÍN VAAMONDE CORNIDE
    RAMOS RODRÍGUEZ, PERFECTO
    Joaquín Vaamonde Cornide foi un dos máis destacados membrosda Xeración Doente. O seu falecemento con só 29 anos impediullealcanzar maiores cotas artísticas, mais a súa carreira foi fulgurante.Coñecido principalmente polos seus marabillosos retratos, entre os destaca o deEmilia Pardo Bazán, descoñecíase até agora parte da súa biografía.Perfecto Ramos Rodríguez desvela a súa exit...

    19,90 €

  • AS ABRAIANTES AVENTURAS DE MARIÑA (EDICIÓN INTEGRAL)
    AS ABRAIANTES AVENTURAS DE MARIÑA (EDICIÓN INTEGRAL)
    BLANCO, SIMÓN / ROBLEDO, MIGUEL / HERNÁNDEZ, IGNACIO / CARREIRA, LUÍS
    Lote que reúne as dúas entregas de As abraiantes aventuras de Mariña: 'Carriandola' e 'Bulleira'.Unha aventura nun 2020 alternativo onde o mundo quedou sen electricidade e unha moza galega ten a chave para encontrar unha nova fonte de enerxía inesgotable. Cómic de aventuras con moito humor. ...

    25,00 €

  • RUTAS POLO PASADO XUDEU DE GALICIA / RUTAS POR EL PASADO JUDÍO DE GALICIA
    RUTAS POLO PASADO XUDEU DE GALICIA / RUTAS POR EL PASADO JUDÍO DE GALICIA
    DE ANTONIO RUBIO, MARÍA GLORIA
    Esta guía permite conocer el legado material e inmaterial que siglos de presencia judía dejaron en Galicia. Una visita muy especial a A Coruña, Betanzos, Pontedeume, Ferrol, Ribadeo, Santiago, Pontevedra, Tui, Baiona, Monforte, Ourense, Ribadavia, Allariz y Monterrei. El libro organiza las rutas de visita y da muchos datos prácticos para facilitar esta experiencia que nos reenc...

    19,95 €

  • COMO FUNCIONA?
    COMO FUNCIONA?
    HINCKLEY, PETER
    Que atoparías se cortases pola metade unha máquina de escribir, unha pelota de golf, unha colmea, unha máquina expendedora ou até un carrusel? En Como funciona. A extraordinaria natureza das cousas máis ordinarias as mentes curiosas poderán botarlle unha ollada ao interior —literalmente— de extraordinarias estruturas e mecanismos dentro de obxectos cotiáns con rechamantes ilust...

    19,95 €

  • A ESTIRPE DO ARCANXO
    A ESTIRPE DO ARCANXO
    REY, NATI
    Maia ten 17 anos, adora os libros antigos e sempre anda á pelexa coa súa melena loura e riza. A súa vida vai mudar cando descobre que está a nacer nela un novo e descoñecido poder. Novas figuras e forzas ancestrais porán a proba a súa resistencia e o seu corazón.Novela xuvenil de fantasía cotiá, protagonizada por unha personaxe inesquecible. Chea de humor, aventuras e algunha d...

    19,95 €

  • OS LOBARIÑAS FEIXOO
    OS LOBARIÑAS FEIXOO
    RAMOS RODRÍGUEZ, PERFECTO
    Gregorio Lobariñas Feixoo é unha das figuras máis descoñecidas e atractivas da nosa historia cultural. Este inquisidor de Crecente escribiu As Galegadas, de a cabalo entre os séculos XVI e XVIII, obra hoxe perdida, mais escrita en lingua galega en plenos Séculos Escuros.Antonio Jacinto Lobariñas Feixoo, un dos seus parentes, nacido en Filgueira (Crecente) no século XVIII, exerc...

    19,95 €

  • HISTORIA VISUAL DO RC CELTA (1923-2023)
    HISTORIA VISUAL DO RC CELTA (1923-2023)
    LORENZO GIL, CÉSAR / CAMPOS, JORGE
    O Celta fai cen anos. Cen anos de goles, de bágoas, de sorrisos, de unión. Con este libro descubrirás os momentos e as persoas que fixeron posible esta fazaña. ...

    19,95 €

  • BREO
    BREO
    NARLA, FRANCISCO
    Breo é só un neno cando un ataque a traizón arrasa o castro de Lagouzos onde era xefe o seu pai. El foi o único que se salvou. Os que non morreron foron escravizados nas inmensas minas de ouro que alimentan os delirantes soños do emperador Nerón. O Imperio Romano chegou a Gallaecia disque para edificar pontes e calzadas, mais tamén a destrución: da terra e dos vellos costumes. ...

    23,50 €

  • AS ALAS DA SERPE
    AS ALAS DA SERPE
    MARIÑO, SOL
    As alas da serpe é un conxunto de poemas sobre a experiencia, a lembranza e a fascinación. Unha ollada cálida que converte o exótico en familiar, que repara no que ninguén ve ou pretende ignorar. A celebración dun encontro talvez imprevisto talvez predestinado entre xeitos de abrazarse á vida que parecen moi distantes só na aparencia xeográfica.  ...

    16,00 €

  • OS ESTRAÑOS
    OS ESTRAÑOS
    GARRIGASAIT, RAÜL
    Un mozo prusiano de boa familia e coa cabeza máis na música ca no mundo real, chega no ano 1837 a Solsona, en Catalunya, para loitar a prol do pretendente Carlos de Borbón, a prol da Orde na guerra contra o liberalismo da raíña María Cristina. Mais nada do que atopa é como el pensaba, e en vez da mística bélica vai atopar a amizade, a compaixón, se cadra un amor co que non cont...

    18,00 €

  • A PARTE DOS ANXOS
    A PARTE DOS ANXOS
    PEDREIRA, EMMA
    Belas criaturas no transo da morte. Humor e terror abrazados nun melancólico tango. Esta colección de relatos de Emma Pedreira e Carlos Lago detense no derradeiro alento para converter o inesperado, o incómodo, o arrepiante... en literatura, en beleza. ...

    19,95 €

  • BIGOTE DE TRES PELOS
    BIGOTE DE TRES PELOS
    DOALLO, RITA
    Que está a pasar na cara do Avó Luís? Vaites!, os tres pelos do seu bigote comezaron unha protesta. Teñen unha lista de demandas e todo. En que acabará todo isto? ...

    14,00 €

  • A INMORAL DOUTORA CONS
    A INMORAL DOUTORA CONS
    FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, ROBERTO
    O Golpe, xa ancián, recorda a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar. Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu. A tensión entre tradición e progreso a través da Medicina. Drama...

    21,90 €

  • AGORA QUE CALA A NOITE
    AGORA QUE CALA A NOITE
    PEDROSA, ELBA
    Voces de mulleres que berran, que se expresan, que se queixan e que se liberan. Voces que lle plantan cara á violencia machista en todas as súas facetas e que reclaman protagonizar as súas propias vidas. Elba Pedrosa tece nos tres relatos que se entrecruzan en Agora que cala a noite unha narración viva, directa e actual. ...

    17,00 €

  • GAZAFELLOS, 2
    GAZAFELLOS, 2
    FON BARREIRO
    Velaquí o segundo volume da serie de banda deseñada infantil máis divertida. Os Gazafellos están de volta cunha chea de aventuras inesquecibles. Tami, Fede, Mauro e Tiago coñecerán novas personaxes fantásticas e vivirán situacións moi gazafellas. ...

    15,00 €


01 02 03