0

Búsqueda de Editorial : EDICIÓNS EMBORA / Colección : Tren das cores 5 resultados

  • MEDO ME DÁ!
    MEDO ME DÁ!
    VEIGA, RAMÓN D.
    Os monstros tamén teñen os seus medos; non todo vai ser temerlles a eles. O vampiro teme ao dentista, ao home lobo non lle gusta cortar o cabelo, a momia ten medo de envellecer...Pero esta noite celébrase o Samaín e, se queren gozar da festa, terán que superar eses medos. O que aínda non saben é que a sorpresa que os espera vai ser difícil de esquecer. Ramón D. Veiga ...

    14,00 €

  • TRAVESÍA UNICORNIO
    TRAVESÍA UNICORNIO
    CANOSA, MARIA
    Esta peza teatral mereceu o Premio Anisia Miranda de teatro pra a infancia que convocou a Fundación Xosé Neira Vilas, pola súa calidade literaria e tamén pola súa defensa do valor da amizade e o respecto ás diferenzas entre as persoas. ...

    15,00 €

  • NANA PARA UN SOLDADO
    NANA PARA UN SOLDADO
    PATINHO, PEPABLO
    Dous soldados inimigos coinciden na fronte. A pesar das súas diferenzas terán que poñerse de acordo ante un feito absolutamente imprevisto: o nacemento dun neno.Con grandes doses de humor, Pepablo Patinho propón aos lectores máis novos dúas visións que se contrapoñen: por un lado, a guerra e a morte; por outro, o nacemento e a vida. Unha reflexión que transmite ao nenos o absu...

    15,00 €

  • A PEQUENA COMPAÑA
    A PEQUENA COMPAÑA
    LABRAÑA, CARLOS
    Ao anoitecer, o mundo dos vivos vaise achegando ao dos defundos, e as ánimas que aínda non atoparon acougo roldan perdidas polos camiños. Pero desta antiga lenda nunca oíran falar Xoaniña, Soldadiño, Pedichón e Medusquiñas, uns nenos que viven gorecidos nunha casa rexentada por unha misteriosa anciá. Isto cambiará coa chegada de dúas personaxes retortas que os obrigarán a fuxir...

    15,00 €

  • LARPANCIA SABOROSA DO LOBO E A RAPOSA
    LARPANCIA SABOROSA DO LOBO E A RAPOSA
    GRAÑA, BERNARDINO
    Fábula en verso para ser representada por monicreques ou actores. Exemplifica, de xeito humorístico, o mundo dos contrastes do reino animal fronte ao dos humanos, a inxenuidade fronte á ambición e a codicia. Todo nun marco natural campestre, na procura dun ambiente bucólico no que a linguaxe xoga un papel moi importante á hora de recrear expresións e léxico propio do galego mái...

    3,00 €