0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : Clásicos 16 resultados

  • OBRA POÉTICA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
    OBRA POÉTICA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
    PENA, XOSÉ RAMÓN / DELGADO GURRIARÁN, FLORENCIO
    As Letras Galegas 2022, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán, permiten a redescuberta dun autor inserido nas coordenadas da vangarda enxebre ao que cómpre engadir unha poesía, bastante descoñecida, que contén cantos xeórxicos, exaltacións dionisíacas e eróticas ou que participa da poesía de combate e denuncia social. A Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán inclúe Bebed...

    21,95 €

  • BIRIMBAO
    BIRIMBAO
    FERREIRO, CELSO EMILIO
    A aparición de " Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939) " supón un verdadeiro acontecemento literario. Esta obra de Celso Emilio Ferreiro desvélanos como é a poesía que o autor de Celanova ideou e escribiu ao longo da guerra civil e axúdanos a entender a xénese da súa expresión poética, que nunca abandonou. Xavier Ferreiro Loredo, fillo de Celso Emilio, mergúllanos nos po...

    21,95 €

  • ANTÓN E OS INOCENTES
    ANTÓN E OS INOCENTES
    MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS
    Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade. Unha escrita hábil e desbordante é a responsable de encher as que, segundo Ferrín, son as súas «páxinas máis exactas, duras e esixentes». Narda e Berto conflúen no Vigo proletario e convulso da década de 1950. Desprégase sobre eles unha tormenta; Antón e a ferida impro...

    19,95 €

  • EN LAS ORILLAS DEL SAR
    EN LAS ORILLAS DEL SAR
    CASTRO, ROSALIA DE
    Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na «Weltliteratur». Contrariamente á visión da obra como unha dimisión, demóstrase aquí o seu intenso carácter nacional galego, tanto no histórico-político, como no cultural ou litera...

    23,50 €

  • POESÍA REUNIDA (1982-2004). XELA ARIAS
    POESÍA REUNIDA (1982-2004). XELA ARIAS
    ARIAS, XELA / NOGUEIRA, MARÍA XESÚS
    O volume Poesía reunida (1982-2004) dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento. A escritora ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas e a súa obra está en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou co...

    23,95 €

  • NUNCA PARAÍSO
    NUNCA PARAÍSO
    LOURENZO, MANUEL
    Este volume reúne trinta e nove pezas breves escritas por Manuel Lourenzo entre 1973 e 2015, as máis delas inéditas ou publicadas en revistas e folletos, e algunhas representadas. Monólogos, diálogos e algunhas coralidades compoñen o corpus desta colección teatral, destinada a públicos, lectores e lectoras transparentes ou opacos, nítidos ou escuros, con moitísima ou nula atenc...

    21,95 €

  • FOLLAS NOVAS
    FOLLAS NOVAS
    CASTRO, ROSALIA DE
    Despois de “Cantares gallegos” (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con “Follas novas” (1880). O seu lirismo intrasubxectivo e radical, lonxe do romanticismo convencional, a nova flexión realizada da alegoría nacional de Galicia e a renovada concepción estética e autónoma do feito liter...

    23,95 €

  • CANTARES GALLEGOS
    CANTARES GALLEGOS
    CASTRO, ROSALIA DE
    Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego e nel se con...

    23,95 €

  • POESÍA COMPLETA
    POESÍA COMPLETA
    PAZ ANDRADE, VALENTÍN
    Ata a aparición desta Poesía completa, Valentín Paz-Andrade (1898-1987) era o autor de tres poemarios e mais dun pequeno monllo de composicións. Daquela, a idea que prevaleceu ata hoxe é que a escrita poética era para Paz-Andrade un acto de evasión ou divertimento dunha persoa laboriosa e inqueda ocupada noutros labores ou vocacións fecundas, como a da avogacía e a dos negocios...

    28,50 €

  • MODESTA PROPOSICIÓN E OUTROS ENSAIOS
    MODESTA PROPOSICIÓN E OUTROS ENSAIOS
    PEREIRO, LOIS
    A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el. Un, o que o cualifica unicamente como poeta. O outro, o do seu malditismo. E re...

    14,50 €

  • POESÍA COMPLETA
    POESÍA COMPLETA
    PEREIRO, LOIS
    «O profundo coñecemento que Lois Pereiro posuía da cultura e da contracultura do seu tempo, xunto coa súa experiencia vital, explican a súa particular mirada interior e exterior e a súa escrita. Os poemas e os relatos de Lois Pereiro sitúan os seres na liminalidade porque el tamén estaba aí, na fronteira. Moitos dos seus poemas son escenas cinematográficas nun espazo fronteiriz...

    16,65 €

  • DOS SOÑOS TEIMOSOS
    DOS SOÑOS TEIMOSOS
    NOVONEYRA, UXIO
    En Dos soños teimosos agroma a esencia e o sentido da obra e da vida de Uxío Novoneyra. Entre o ensaio, a poesía, o xornalismo, a reflexión e a creación, o poeta vai enfiando o seu pensamento e o a súa concepción da arte a partir das preguntas que lle fai o seu amigo e tamén editor Emilio Araúxo. Dos soños teimosos é un libro central e imprescindible para entender a poesía de ...

    17,50 €

  • OS EIDOS. O LIBRO DO COUREL
    OS EIDOS. O LIBRO DO COUREL
    NOVONEYRA, UXIO
    Cando Uxío Novoneyra publicou Os Eidos, en 1955, a súa voz converteuse de inmediato nunha das máis intensas, renovadoras e salientables da poesía galega. En Os Eidos agroma unha poesía limpa, concisa e breve, que asenta nunha profunda identificación entre o poeta e a natureza, e que nos vai mostrando, desde un certo ensoñamento de quen escribe, un intimismo radical ligado á ter...

    19,50 €

  • POESÍA GALEGA COMPLETA
    POESÍA GALEGA COMPLETA
    CABANILLAS, RAMÓN
    Este volume, preparado polos catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, reúne todos os poemarios publicados por Ramón Cabanillas, así como a súa obra poética dispersa, introducindo importantes novidades ecdóticas con respecto ás dúas edicións de obra completa anteriores, tanto a publicada en 1959 nun único volume polo Centro Galego de Bos Aires como a editada por Xesús ...

    38,95 €

  • OBRA COMPLETA DE MARÍA MARIÑO
    OBRA COMPLETA DE MARÍA MARIÑO
    MARIÑO, MARÍA
    O presente volume, Obra completa, recolle Palabra no tempo e Verba comeza, os dous títulos que conforman a obra poética coñecida ata agora de María Mariño, precedida dun estudo biobibliográfico de Victoria Sanjurjo Fernández.María Mariño foi unha das máis singulares e persoais voces de toda a poesía galega de posguerra. Resulta especialmente sorprendente pola destrución que rea...

    18,95 €

  • POESÍA GALEGA COMPLETA
    POESÍA GALEGA COMPLETA
    FERREIRO, CELSO EMILIO
    Poesía galega completa reúne toda a obra poética en galego de Celso Emilio Ferreiro, reproducida dun xeito fiel nesta coidadosa edición a cargo do crítico Ramón Nicolás, desde os primeiros versos de Cartafol de poesía ata o seu derradeiro e póstumo Libro dos Homenaxes, pasando por poemarios clásicos da nosa literatura que reafirman os logros estéticos de Celso Emilio: O soño su...

    35,50 €