0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : Crónica 38 resultados

  • CONTRA TODO ISTO
    CONTRA TODO ISTO
    RIVAS, MANUEL
    Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, de subtracción das liberdades; un réxime mundial de pensamento groseiro, de rearmamento bélico e abaratamento humano, de desfeita ecolóxica, da fin do mito da «globalización feliz». Vivimos nun Estado de Vergoña.Este libro está escrito contra Todo Isto.Todo Isto é descivilización.Todo Isto é produción de medo para ach...

    20,50 €

  • OS ANOS DO SILENCIO
    OS ANOS DO SILENCIO
    ÁLVAREZ CASTRO, XOSÉ
    Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Álvarez Castro completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», publicado tamén por Xerais en 2013. Nesta nova obra, amplía o territorio estudado a toda a provincia e o espazo temporal ata principios da década de 1950.O libro analiza a...

    28,50 €

  • XEOPOLÍTICA, PANDEMIA E POSCAPITALISMO
    XEOPOLÍTICA, PANDEMIA E POSCAPITALISMO
    BLANCO, ALBERTE
    Partindo dunha óptica non convencional e a través dunha opinión propiamente científica, honesta e obxectiva, en «Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo» Alberte Blanco Casal enfoca a crise do mundo actual achegando datos e argumentos que levan á reflexión crítica e á dúbida intelixente sobre o que nos rodea. Nestes tempos estraños, de cambio e turbulencias, onde os vellos (e no...

    23,50 €

  • A SEMENTE, A ÁRBORE, A FROITA
    A SEMENTE, A ÁRBORE, A FROITA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do " efecto Pontón " . En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política ás súas costas, que levou o partido a experimentar unha importante recuperación cun discurso renovado. Este libro é o froito dunha longa conversa entre dúas muller...

    19,95 €

  • VIGO, PURO MILAGRE
    VIGO, PURO MILAGRE
    BRAGADO, MANUEL
    Vigo, puro milagre reúne medio cento de crónicas, escritas entre a emoción biográfica e a contención política, que ensaian unha teoría de Vigo como cidade de ferro e mel, como abella da ribeira e cidade atlántica en bisbarra, celme e cifra da Galicia contemporánea. Co formato dunha guía sentimental, afastada de tópicos e saudades localistas, estes textos afondan na procura da e...

    20,50 €

  • O FRESCO. MEMORIAS DUN FUXIDO, 1936
    O FRESCO. MEMORIAS DUN FUXIDO, 1936
    FREIXANES, VÍCTOR
    Uns din que o mataron os falanxistas e a Garda Civil nos montes do Confurco. Outros, que houbo traizón, que foron os seus propios compañeiros. Sucedeu na noiteboa de 1936, logo de andar fuxido polos montes do sur de Pontevedra con 223 homes que loitaban pola República. Manuel González «O Fresco» era un «señorito» desclasado nas organizacións da Fronte Popular. Daqueles días arr...

    20,50 €

  • RAFAEL DIESTE
    RAFAEL DIESTE
    REI NÚÑEZ, LUÍS
    Este libro conta a vida apaixonante dun home libre e bondadoso e o seu tempo, o dun país sometido ás pulsións máis extremas. Entre 1899 e 1981, a de Rafael Dieste foi unha existencia entre as palabras, o mellor espello da realidade. Como escritor total, e mentres as circunstancias o obrigaban a exercer de soldado, xornalista ou profesor, viviu a Galicia onde o galeguismo loitab...

    24,50 €

  • VIVIR A GALOPE
    VIVIR A GALOPE
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Este é o testemuño literario dunha vida intensa e comprometida, a autobiografía que traza a traxectoria vital dunha das autoras máis relevantes e influentes da literatura galega e, ao tempo, o relato de toda unha época. Desde os primeiros anos da súa infancia viguesa, escritos cunha prosa brillante, ata a actualidade, a escritora María Xosé Queizán vai debullando a súa vida en ...

    33,50 €

  • HISTORIAS DE VIGO
    HISTORIAS DE VIGO
    LAMAS, JORGE
    Máis de douscentos mil anos de ocupación nesta beira do Atlántico dan para moitas historias que nalgúns casos teñen nomes e apelidos. Aínda así non son poucos os vigueses que descoñecen o seu pasado e as orixes dalgúns dos seus símbolos de identidade. «Historias de Vigo» pretende ser unha sinxela e amena guía para percorrer eses espazos que o vertixinoso crecemento desta cidade...

    21,95 €

  • MARÍA VICTORIA MORENO. SEMENTADORA DE FUTURO
    MARÍA VICTORIA MORENO. SEMENTADORA DE FUTURO
    SOTO, ISABEL / SENÍN, XABIER
    O presente volume relata a traxectoria biográfica de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018, e percorre o seu labor pioneiro no arrinque e asentamento da literatura infantil e xuvenil. Nas súas obras introduciu valores universais e intemporais, ademais de amosar o seu talento para a creación de historias e personaxes aos que retrata poñéndose...

    17,95 €

  • FARIÑA
    FARIÑA
    CARRETERO, NACHO
    Nunca Galicia comercializou un produto con tanto éxito. Aínda que agora semelle un pesadelo afastado, na década de 1990 o oitenta por cento da cocaína desembarcaba en Europa polas costas galegas. Ademais da súa privilexiada posición xeográfica, Galicia dispuña de todos os ingredientes necesarios para se converter nunha «nova Sicilia»: atraso económico, unha centenaria tradición...

    21,95 €

  • COMÚN TEMOS A PATRIA. BIOGRAFÍA DOS IRMÁNS VILLAR PONTE
    COMÚN TEMOS A PATRIA. BIOGRAFÍA DOS IRMÁNS VILLAR PONTE
    ÍNSUA, EMILIO XOSÉ
    «Todo canto eu fixen se acha ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar, pero nunca superar.» A frase de Ramón Villar Ponte, igualmente aplicábel a seu irmán Antón, resume perfectamente o norte que guiou a intensa, continua e poliédrica actividade cívica, política, cultural, xornalística e literaria destes dous irmáns no sangue e na patria que idearon no seu día, «e...

    30,50 €

  • DIARIO DA LUZ E A SOMBRA
    DIARIO DA LUZ E A SOMBRA
    MORENO, MARÍA VICTORIA
    A escritora María Victoria Moreno recolle neste libro a súa experiencia e reflexións como enferma de cancro de mama. Unha crónica literaria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escrita dende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por grave que for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenas resalta os trazos característicos de cadaquén....

    17,95 €

  • A CONTRADICIÓN PERMANENTE
    A CONTRADICIÓN PERMANENTE
    NORIEGA, MARTIÑO / SALGADO, DANIEL
    Hai anos en que todo se acelera. Xornadas que valen por décadas anódinas. Momentos en que rompe a continuidade da historia e abre paso a novas experiencias, a contradicións antes non exploradas. Entre 2012 e 2017 a esquerda e o nacionalismo galego viviron un destes períodos excepcionais. Como tradución na instancia política da brutal crise económica, as rupturas e recomposición...

    20,95 €

  • UN MUNDO DE PALABRAS
    UN MUNDO DE PALABRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    "Un mundo de palabras" reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido polo autor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012). Os diferentes textos aquí escolmados presentan unha dupla perspectiva arredor do acto de ler e do amor pola literatura.Dende unha mirada subxectiva, atoparemos neles a memoria do lector que foi ao...

    19,95 €

  • GALEGOCALANTES E GALEGOFALANTES
    GALEGOCALANTES E GALEGOFALANTES
    CALLÓN, CARLOS
    «Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país ou se, polo contrario, imos ser a xeración que soubo facerlle fronte a esta lexión de enterradores», di Carlos Callón en " Galegocalantes e galegofalantes " , un libro-testemuño sobre o que lle ten acontecido á lingua galega desde que o PP retomou o poder autonómico en 2009. Nas súas páxinas analí...

    20,50 €

  • A PRENSA EN GALICIA NA TRANSICIÓN
    A PRENSA EN GALICIA NA TRANSICIÓN
    PÉREZ PENA, MARCOS
    Que papel xogou a prensa galega durante a Transición política? Foi por diante ou por detrás da sociedade? Que posición adoptou ante a reivindicación dunha autonomía de primeiro nivel para Galicia? A Transición configúrase como o momento fundacional do sistema democrático vixente, da actual organización política e da estrutura socioeconómica; tamén da estrutura de medios. Todos ...

    31,50 €

  • HISTORIA DAS HISTORIAS DE GALICIA
    HISTORIA DAS HISTORIAS DE GALICIA
    DUBERT, ISIDRO / GAGO, MANUEL / LÓPEZ CARREIRA, ANSELMO
    No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a «doma e castración da nobreza», a existencia dos Séculos Escuros, a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento dos Mártires de Carral ou o suposto «atraso secular» de Galicia. Unhas historias cuxo contido ...

    24,95 €

  • A MORTE DE VALLE-INCLÁN
    A MORTE DE VALLE-INCLÁN
    REIGOSA, CARLOS G. / DEL VALLE-INCLÁN ALSINA, JAVIER / MONLEÓN BENNACER, JOSÉ
    Don Ramón María del Valle-Inclán retirouse á súa Galicia natal en marzo de 1935 coa esperanza dun milagre que atallase a enfermidade que padecía. Durante nove meses viviu, con altiveza e serenidade, unha progresiva deterioración que terminou coa súa morte o 5 de xaneiro de 1936. Naquel marco histórico, xa coa Guerra Civil no horizonte, a morte de Valle-Inclán en Santiago de Com...

    19,95 €

  • FAUSTINO REY ROMERO
    FAUSTINO REY ROMERO
    LOSADA, X. RICARDO
    Nesta biografía de Faustino Rey Romero (1921-1971), o crego e poeta antifranquista de Isorna (Rianxo), recóllense moitos dos sorprendentes comentarios que sobre el foi escoitando Xosé Ricardo Losada, autor da obra, na súa vila natal. Algunhas persoas de Rianxo considerábano un sátiro, polos seus amoríos, festas e extravagancias de todo tipo; para outras era máis ben un anxo, qu...

    20,50 €

  • COLMEIRO POR SI MESMO
    COLMEIRO POR SI MESMO
    CASTRO, XOSÉ ANTÓN / REIGOSA, CARLOS G.
    O pintor Manuel Colmeiro (1901-1999) é unha figura cume do Movemento Renovador da Arte Galega, xunto con Maside, Torres, Souto, Laxeiro, Eiroa e Fernández Mazas. Tamén é un protagonista indiscutido da «École Espagnole de Paris», que agrupa creadores como Picasso, Dalí, Miró, Gris, Bores etc., cos que participou en numerosas mostras.Colmeiro non só contribuíu a un novo xeito de ...

    20,95 €

  • XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
    XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega. De 1935 data a súa tese de doutoramento sobre a Cantiga CIII de Afonso X, monografía exemplar no seu tempo dentro...

    20,95 €

  • MEDO POLÍTICO E CONTROL SOCIAL NA RETAGARDA FRANQUISTA
    MEDO POLÍTICO E CONTROL SOCIAL NA RETAGARDA FRANQUISTA
    MARTÍNEZ PEREDA, LUCIO
    Medo político e control social na retagarda franquista excede as formulacións cuantificadoras habituais nos traballos de investigación e proxecta o fenómeno da represión franquista fóra do seu ámbito estrito para achegarse á sociedade que o padeceu. Manexando un conxunto documental heteroxéneo ?sentenzas e expedientes xudiciais, informes de servizos de investigación, expediente...

    25,95 €

  • PONTEVEDRA NOS ANOS DO MEDO
    PONTEVEDRA NOS ANOS DO MEDO
    ÁLVAREZ CASTRO, XOSÉ
    Resultado de varios anos de investigación, Pontevedra nos anos do medo céntrase na represión levada a cabo na comarca de Pontevedra tras o golpe militar de xullo de 1936. O enfoque divulgativo desta obra combínase cun tratamento sistemático e global do tema, que se estrutura en tres grandes apartados: a situación político-social previa á sublevación, a trama conspiratoria coa e...

    23,95 €

  • QUEN MATOU O CANTINO?
    QUEN MATOU O CANTINO?
    AGRAFOXO, XERARDO
    Ramón Mayán Ramos, o Cantino, veciño de Noia, foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936, acusado polos fascistas de «cometer un delito de rebelión militar». A súa figura, que mesmo chegou a formar parte da ficción baixo o nome de Dombodán nas páxinas de O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, é o centro desta investigación, onde Xerardo Agrafoxo pretende ach...

    18,50 €

  • CANCELA ABERTA
    CANCELA ABERTA
    NEIRA VILAS, XOSE
    Traspoñer esta cancela é coma acceder a unha feira na que hai de case todo; é coma entrar nun mundo de noticias e curiosidades diversas. Unhas doutro tempo, dun tempo que se nos foi, e outras arrincadas deste ir e vir dos nosos días, poñamos por caso a bomba atómica lanzada polo aviador Kirk, o teatro galego en Buenos Aires, as secuelas da invasión a Iraq, a mitificación do Che...

    18,30 €

  • INMATERIAIS
    INMATERIAIS
    DE TORO, SUSO
    Suso de Toro recolle en Inmateriais trinta narracións de vidas de galegos e galegas, de persoas que foron elixidas polo autor, tal e como explica no limiar, por seren «figuras que me interesaron ou nas que vin representadas as capacidades das persoas nacidas neste país, os dilemas que se lles presentaron ante as circunstancias que viviu a Galiza no momento histórico que lles to...

    20,50 €

  • DO ESTIGMA Á ESTIMA
    DO ESTIGMA Á ESTIMA
    FORMOSO GOSENDE, VALENTINA
    Valentina Formoso, autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, pregúntase neste libro cal é o motivo que leva a que pasados trinta anos da aprobación da Lei de normalización lingüística se sigan a oír, da boca dos falantes, afirmacións moi negativas arredor da lingua propia. E ademais de responder a esta cuestión, ofrece tamén alternativas co obx...

    22,95 €

  • CASTELAO NA UNIÓN SOVIÉTICA EN 1938
    CASTELAO NA UNIÓN SOVIÉTICA EN 1938
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    Sabíase que Castelao, formando parte dunha delegación española moi plural, estivera, en maio de 1938, en distintas cidades de tres repúblicas da URSS (Leningrado, Moscova; Kiev; Bakú). No presente volume recóllense por primeira vez todos os textos de Castelao sobre a Revolución e a realidade soviéticas. Abundan as formulacións que xustifican o subtítulo do libro: «Filocomunismo...

    20,95 €

  • LOIS PEREIRO
    LOIS PEREIRO
    MARTÍNEZ DURÁN, IAGO
    Lois Pereiro (1958-1996) foise antes de tempo, aos 38 anos. Prometérao na súa adolescencia: «Quero escribir un libro e morrer novo, como Manuel Antonio.» Ao final escribiu máis dun. A súa obra, e en concreto a súa poesía, constitúe unha das mostras máis auténticas e dolorosas da literatura galega.Para Lois Pereiro o corpo foi o seu campo de batalla e o argumento da súa poesía. ...

    19,95 €


01 02