0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : Merlín 146 resultados

  • CANTA, MIÑA COMPAÑEIRA
    CANTA, MIÑA COMPAÑEIRA
    LADO, MARÍA
    Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela son os nomes propios de seis das miles de cantareiras ou pandeireteiras que ao longo do tempo crearon e conservaron unha rica poesía popular oral, que foi transmitida de xeración en xeración. Grazas a mulleres coma elas, chegaron a nós coplas, ritmos, bailes, contos, xogos, remedios e costumes. Sen ese prezado saber, a música g...

    12,95 €

  • A BOTELLA DE LENTELLAS
    A BOTELLA DE LENTELLAS
    BARBADILLO, LETICIA
    Manuel é un neno que pasa moito tempo só na casa, xa que o pai traballa demasiadas horas repartindo paquetes e á súa avoa, enferma, tiveron que levala a unha residencia. O martes de Entroido, bota en falta as orellas que lle preparaba a avoa e decide facer el unhas poucas. Como quere seguir a receita exacta da avoa, emprega a súa botella chea de lentellas para estiralas, que ac...

    12,95 €

  • RINGO. MEMORIAS DUN COELLO FEDELLO
    RINGO. MEMORIAS DUN COELLO FEDELLO
    NOGUEIRA, PABLO
    Ringo é un coello que forma parte dun impresionante número de maxia do mago Leo. A causa dun erro na execución do truco, un día aparece nun lugar descoñecido, lonxe do circo. En compañía de Brétema, que o atopa perdido, e dos amigos Gada e Aldán, vivirá aventuras e enfrontarase a perigos mentres tenta regresar ao Circo Fantabuloso: unha comunidade de artistas onde cadaquén expr...

    12,95 €

  • ULF DE JAKOBSLAND
    ULF DE JAKOBSLAND
    VARELA FERREIRO, ALBERTO
    Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro. É o final da súa vida e o final dun tempo; as novas crenzas mestúranse cos deuses ancestrais e as vellas lembranzas, coas novas.Foi no...

    16,95 €

  • POEMAR O MAR
    POEMAR O MAR
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    ?Poemar o mar? é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con ?En la cuna del mar? e ?Palabras do mar?. Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares...

    13,50 €

  • MARCOPOLA, A ILLA REMEIRA 3. DRAGONETA!
    MARCOPOLA, A ILLA REMEIRA 3. DRAGONETA!
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    Por fin o alquimista Brisgovius deu coa apócema máxica. Xa ten lista a beberaxe que fará da malvada Demoneta un ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca. Demoneta transformarase en Dragoneta, e ninguén no mundo estará a salvo! Que será de Marcopola e de Libro? Que vai ser agora de todos nós? ...

    13,95 €

  • QUEN ME QUERE ADOPTAR?
    QUEN ME QUERE ADOPTAR?
    CASALDERREY, FINA
    Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a África a traballar e a súa compañeira morrera. Manuel estaba só e sobráballe tempo e non sabía que facer con el, o que o poñía moi nervioso. Un día decidiu fabricar a felicidade e preparou un cartel que, logo puxo na súa porta, e rezaba: ?¿Qu...

    9,95 €

  • PERIGO VEXETAL
    PERIGO VEXETAL
    CARIDE OGANDO, RAMÓN
    É unha novela clásica de aventuras ambientada no ano 2075, entre Galicia, Arxentina e Suiza. Dous irmáns orfos, Sheila e Said, de 10 e 12 anos respectivamente,póñense en contacto cos "rapaces do pasado" para contarlles unha extraordinaria aventura. Viven nun muiño da parroquia de Loreda e descobren, gracias á rede informática universal, un plano para domina-lo mundo, e loitarán...

    9,95 €

  • PACO PECO PEQUENEIRO E O LAGARTEIRO MIOPE
    PACO PECO PEQUENEIRO E O LAGARTEIRO MIOPE
    DE TORO, XELIS

    11,95 €

  • DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA
    DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA
    CASALDERREY, FINA
    Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola -un colexio nunha vila ó que van en autobús- e non conseguen dar con Máquina, aínda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea.O caso é que...

    9,95 €

  • MILÚ E O EDIFICIO DAS PERSOAS EXTRAORDINARIAS
    MILÚ E O EDIFICIO DAS PERSOAS EXTRAORDINARIAS
    TOMÉ, ABEL
    Milú vive coa súa nai na cidade de Parisia, no edificio Les Marginaux, onde todos os nenos que o habitan posúen un don que os fai extraordinarios. O don de Milú é construír soños. Coa escusa de que o edificio está estartelado, as autoridades mandan un aviso para que se desaloxen as vivendas canto antes. Pero Milú e os outros nenos e nenas teñen un plan para tentar evitar que os...

    12,95 €

  • FAÍSCA, A NENA NEANDERTAL
    FAÍSCA, A NENA NEANDERTAL
    ANEIROS, ROSA
    Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse aburridísimas porque teñen prohibidos os videoxogos e as cartas do seu xogo favorito. Mais, coma sempre, a súa intuición erra de cheo. Sonche ben expertos en meterse en sarillos! A visita ao xacemento arqueolóxico de Cova Eirós serviralles de porta de entrada ao Plistocen...

    12,95 €

  • A MIÑA AVOA, A MIÑA HEROÍNA
    A MIÑA AVOA, A MIÑA HEROÍNA
    FERNÁNDEZ TRELLES, SABELA
    Laura sempre foi unha nena alegre, forte e valente, pero ultimamente as cousas non lle van demasiado ben: sente que cada vez son máis os días grises e comeza a dubidar de todo, incluso dela mesma. Menos mal que conta coa complicidade da avoa Carmela, con quen vai realizar unha viaxe ao pasado para entender por que se sente así e decatarse de que pertence a unha saga de mulleres...

    12,95 €

  • O CONCURSO DOS MELLORES INVENTOS (E OUTROS INCRIBLES ACONTECEMENTOS)
    O CONCURSO DOS MELLORES INVENTOS (E OUTROS INCRIBLES ACONTECEMENTOS)
    DÁVILA, BERTA

    12,95 €

  • WOMBO COMBO
    WOMBO COMBO
    CARBALLEIRA, PAULA
    Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sar...

    12,95 €

  • ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
    ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
    COSTAS, LEDICIA
    Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que...

    14,90 €

  • UNHA VECIÑA DE PELÍCULA
    UNHA VECIÑA DE PELÍCULA
    MISA, IRIA
    O verán preséntase longo e aburrido para os xemelgos Elsie e Simón, mais todo dá un xiro inesperado cando chega unha nova inquilina á casa do lado. Entre os obxectos do máis curioso que Alice leva ao novo fogar, destaca un vello reprodutor de cine que axiña chama a atención dos irmáns. Grazas a el, e guiados pola estrafalaria veciña, os rapaces vivirán aventuras só imaxinables ...

    12,95 €

  • O DÍA QUE CHOVERON GATOS
    O DÍA QUE CHOVERON GATOS
    MEJUTO, EVA
    Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable que se presenta ás eleccións municipais polo PAI: a plataforma antianimalista que pretende acabar cos gatos da rúa. Catarina ponse a traballar pola súa conta para boicotear ...

    12,95 €

  • GARABITOLAS
    GARABITOLAS
    BABARRO, XOAN
    Un cabaliño/ de dúas patas/ que conta contos,/ que canta nanas,/ que trota en risas/ por toda a casa,/ que me dá bicos/ e que me abraza.Garabitolas son poemas e brincadelas para ler en voz alta e xogar coas palabras. ...

    11,50 €

  • A CIDADE DOS DESEXOS
    A CIDADE DOS DESEXOS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Os protagonistas deste relato son unha panda de tres nenas e dous nenos. O seu lugar de reunión, o Refuxio, é o baixo dunha casa deshabitada.Nuns días instalan no Refuxio unha oficina chamada CPIF, Centro de Promoción de Iniciativas Fantásticas. Decidense a chamar. Ábrelles Ana, invítaos a pasar e explícalles que o seu traballo é procurar que se fagan realidade os desexos da xe...

    11,95 €

  • UNHA NOVA DIMENSIÓN
    UNHA NOVA DIMENSIÓN
    IGLESIAS, ANXO
    A partir do concepto xeométrico de dimensión artéllase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo. A poesía entendida como fonte de diversión. A poesía reivindicada, ademais, como unha dimensión con entidade propia. Ler «Unha nova dimensión» é asistir a un festival de c...

    13,50 €

  • SOMOS OS MONSTROS
    SOMOS OS MONSTROS
    CARBALLEIRA, PAULA
    Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e un mostro pequeno habitan nese bosque. Nenos e monstros vanse atopar.O medo dá paso á curiosidade e comezan a interrogarse. Quen son os nenos e quen os monstros?Unha historia divertida e profunda sobre o medo ao descoñecido, que esculca na propia natureza humana, coa que...

    12,95 €

  • FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. O LEGADO SILANDEIRO
    FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. O LEGADO SILANDEIRO
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do q...

    13,50 €

  • DEMETRIO DEMOSCOPIO PERDEU A CHISPA
    DEMETRIO DEMOSCOPIO PERDEU A CHISPA
    DÁVILA, BERTA
    Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o señor Demetrio Demoscopio, as irmás Carmelina e Laudina Flan, e o mago Ciro. No edificio todos son vellos, menos André, e todos son bastante felices. Ata que unha noite Demetrio Demoscopio perde a chispa e André decide que fará todo o posible para que o seu amigo a recupere: mesmo atravesar as follas dun lib...

    12,50 €

  • O NENO DE LUME
    O NENO DE LUME
    COSTAS, LEDICIA
    Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa. Busquen a casa das tres irmás e díganlles que son o neno de lume». Sobre o seu ombro dereito sempre vai Luminaria, unha pequena chama que só el pode ver e con quen pode falar. Unha mañá, a cidade aparece cuberta por unha mesta néboa ...

    13,95 €

  • CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    ANEIROS, ROSA
    Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar unha porta secreta que lle permitirá coñecer restos do Cretáceo. Trabúcase. Si, a porta secreta da que lle falou a vella Monegunda existe, mais do outro lado non hai fósiles senón dinosauros de carne e óso! Aí dará comezo unha extraordinaria aventura na que deberá...

    12,95 €

  • NO XARDÍN DO POETA
    NO XARDÍN DO POETA
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    As páxinas deste libro son a porta de entrada a un xardín de versos onde oautor, Antonio García Teijeiro, dialoga coa poesía do gran Federido GarcíaLorca. Nese xardín marabilloso que é a obra de Lorca agroman estes poemas deformas varias e medidas diversas; poemas musicais, rítmicos, cheos de luz,lúdicos, críticos, brillantes e sobre todo vitais, pois son froito da conversaínti...

    14,50 €

  • FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. POLOS VIEIROS DA SAUDADE
    FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. POLOS VIEIROS DA SAUDADE
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    FlorencioDelgado Gurriarán (1903-1987) destacoucomo poeta, e segue a ser o autor máis representativo da súa Valdeorras natal.Pero foi tamén articulista, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo,tradutor, corrector... E como moitos outros intelectuais galeguistas, tras ogolpe de estado de 1936 tivo que tomar o camiño do exilio. No seu caso o lugarescollido foi Méxic...

    12,95 €

  • PAPÁ CANÍBAL
    PAPÁ CANÍBAL
    FRAGA, ANTONIO MANUEL
    Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo. A partir de aquí iníciase un atolado enredo qu...

    13,50 €

  • A CIDADE DO ÁTOMO
    A CIDADE DO ÁTOMO
    MISA, IRIA
    Tras a explosión no reactor 4 da plantanuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súaevacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, antea ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento. Todos agás LenaPetrova, diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugar entre asrúas e edificios baleiros. Non hai n...

    13,50 €


01 02 03 04 05