0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : NARRATIVA 235 resultados

  • TRAS DO CEO
    TRAS DO CEO
    RIVAS, MANUEL
    Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías. No escenario agreste da batida, dúas mulleres sendeiristas afrontan una situación de risco e os cazadores acoden na s...

    18,95 €

  • PEL DE CORDEIRO
    PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. Lol...

    19,50 €

  • UN ANARQUISTA
    UN ANARQUISTA
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Barcelona, primavera de 1977. Miguel Duarte acaba de chegar á cidade. Ten vinte anos, traballa de camareiro no Nebraska, un bar das Ramblas onde o patrón soña con películas do Oeste, e vive agardando algunha experiencia que o eleve por enriba da súa timidez. Para iso está Montse, unha estudante de familia acomodada pola que se sente atraído dende hai tempo. Con ela experimentar...

    17,50 €

  • ESPERTA DO TEU SONO
    ESPERTA DO TEU SONO
    RONTANO, LOLA
    «Esperta do teu sono» toma como motivo central o conflito da mina de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, para presentar en clave de intriga unha ficción que mestura ecoloxía, desobediencia civil, loita pola terra e solidariedade entre comunidades rurais e urbanas. Entre misteriosas mortes e vellos rancores, Vila Amparo, un porto de mar da Costa da Morte, será testemuña da paul...

    19,50 €

  • VIVA A COMUNA!
    VIVA A COMUNA!
    MEIXIDE, CARLOS
    «Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. É a historia dunha revolución, o relato da toma do poder por parte das clases populares dunha cidade que naquela altura era o epicentro da modernidade. Novela de longo alento, ambiciosa e emocionante, nas súas páxinas cobran vida personaxes irrepeti...

    24,50 €

  • ETCETERAMENTE
    ETCETERAMENTE
    DE TORO, XELIS
    Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística e revolucionarios á busca do escritor, cartas a un escritor morto, a directora dunha editorial a quen non lle dan as contas, un pauto co demo, unha seita literaria que se rexe polo...

    25,50 €

  • OS COMEDORES DE PATACAS
    OS COMEDORES DE PATACAS
    RIVAS, MANUEL
    O protagonista de Os comedores de patacas é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de Manuel Rivas, móvese a cabalo entre dous espacios, entre dúas culturas, a urbana e a rural, que se xuntan no sincretismo que preside a cotianidade deste adolescent...

    18,95 €

  • MEDOS
    MEDOS
    CARRÉ, HÉCTOR
    Avanzar na vida consiste en enfrontar o medo, ás veces mesmo con humor, con moito humor. Medo a un accidente, ao dentista, á culpa, aos pesadelos, ás propias lembranzas, á enfermidade, a nós mesmos... Ás veces, temos medo daquilo que nos ameaza, pero outras tememos precisamente o que pode liberarnos.Coa lectura destes relatos de Héctor Carré descubrimos que os nosos medos poden...

    19,50 €

  • O BAILE DOS ESTORNIÑOS
    O BAILE DOS ESTORNIÑOS
    QUIROGA, XABIER
    Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por parte dun ancián moribundo co que comparte cuarto de hospital. O breve e intrigante relato, que aparentemente ten que ver con Castelao e con certos acontecementos tráxicos da posguerra galega, aviva a curiosidade do escritor, polo que iniciará unha investigación n...

    24,95 €

  • A BARCELONESA
    A BARCELONESA
    PAZ, XABIER
    En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos. Nesta novela tan persoal, Xabier Paz reconstrúe, coa súa habitual vocación estilística, os case cen anos de tensión entre a vida f...

    19,50 €

  • A CARTEIRA
    A CARTEIRA
    LOPO, SANTIAGO
    Desesperada ante unha situación laboral precaria, a protagonista de «A carteira» acepta un contrato temporal para repartir o correo na periferia dunha cidade que non coñece, nun barrio afastado que ela mesma denomina «Algures». A través dos seus ollos, Santiago Lopo mergúllanos na Galicia urbana e fainos partícipes de todas as dificultades ás que esta traballadora se enfronta n...

    19,50 €

  • O PESO DO CEREBRO
    O PESO DO CEREBRO
    CONSTELA, XESÚS
    En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares se agachan esas memorias traizoeiras. Na cidade barco, que languidece tras perder o lustre do seu glorioso pasado de grandes estaleiros e insignes navegantes, don Honorio, enguedel...

    19,95 €

  • NUS
    NUS
    GAGO, MANUEL
    Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo. Móvese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente político da Galicia do posfranquismo; a súa con...

    21,95 €

  • A AFOGADA
    A AFOGADA
    LEIRA, ROCIO
    Laura Suárez, unha moza de dezanove anos altamente sensitiva e perfeccionista, desaparece entre as bravas ondas da praia de Riazor despois dunha noite de festa con dous amigos. Todo indica que se trata dun fatídico accidente, pero pasan os días e o seu corpo non aparece. Manuel Cifuentes, rescatador mariño con ampla experiencia, cre que a súa morte non foi accidental e que os a...

    18,95 €

  • AS MELLORES TENDAS DE MADRID
    AS MELLORES TENDAS DE MADRID
    VEIGA, MANUEL
    «As mellores tendas de Madrid» describe os primeiros anos da crise que se iniciou en 2008, cando a escala de valores da clase media semella a piques de estourar. A principal protagonista, Mónica, é unha empregada de banca tímida pero decidida. Xunto con ela, teñen un papel destacado o seu home, o avogado Alfredo María Pardo de Ferreira, a quen todos chaman Fredy; a secretaria d...

    20,50 €

  • A REALIDADE
    A REALIDADE
    DARRIBA, MANUEL
    Ganzúa, escritor fracasado e vagabundo existencial, cruza a cidade nocturna nas últimas horas do mundo. A guerra de clases e a catástrofe climática empurran o planeta ao cataclismo final. Ganzúa pouco sabe e nada espera. Renunciou a desvelar o único misterio que lle importaba: como escribir literatura. A historia transcorre baixo o ruído e a furia, sen respecto pola narración c...

    18,95 €

  • O RETORNO DOS HOMES MARIÑOS
    O RETORNO DOS HOMES MARIÑOS
    SOUTO, XURXO
    Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñés esquecido: «Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras. A estes peixes, por semelláre...

    18,95 €

  • AS ILLAS DOS DEUSES
    AS ILLAS DOS DEUSES
    PARCERO, SERAFÍN
    Bos Aires, 1948. Castelao acaba de pronunciar o discurso "Alba de groria" nun momento en que xa sabe que ten a doenza do cancro. É entón cando aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista coa encarga de matar a Castelao. De súpeto, por un motivo inesperado, o pasado volve con forza á memoria do galeguista trasladándoo a un verán que vivirá na Illa de Ons. A pres...

    23,50 €

  • ULCIS
    ULCIS
    FERNÁNDEZ FERREIRO, XOSÉ
    Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre 1958 e 1963 e traballou nel ao longo de toda a vida. Aquel universo literario espertou a admiración dos seus compañeiros de Brais Pinto, especialmente a de Reimundo Patiño e X. L. Méndez Ferrín, que di no limiar deste libro: "Era o Fernández Ferreiro que estabamos esperando con sede nóntida". Estes contos su...

    18,95 €

  • OS INCURÁBEIS
    OS INCURÁBEIS
    TIZÓN, ANTONIO
    «Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha noite de 2001, unha prostituta aparece asasinada no barrio coruñés dos Castros. A muller morreu desangrada e coa marca dos cairos na gorxa. O inspector Sánchez non só terá que resolver ese caso, senón tamén outros similares que se rep...

    20,50 €

  • GRANITO
    GRANITO
    ALONSO, ÁLEX
    Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, esta novela de Álex Alonso, galardoada co Premio Torrente Ballester, reconstrúe con pericia os acontecementos durante os cales dous policías asasinaron catro persoas da familia dun coñecido empresario do granito no seu chalé tras un intento de extorsión. Fronte ao concepto de novela de non ficción, tan vencellada ...

    22,50 €

  • A VINGANZA DOS HOMES BOS
    A VINGANZA DOS HOMES BOS
    ESTEBAN, MANUEL
    A vinganza dos homes bos é un libro sobre o paso do tempo e o exilio dos anos. Sobre a culpa, que medra como carriza, desfacendo a pedra máis forte. Sobre o valor necesario para ser covarde. Sobre as palabras que son capaces de rachar as armaduras máis feroces. E tamén sobre as palabras capaces, mesmo, de matar. Palabras sinxelas, como, por exemplo, «perdón». O exinspector de p...

    19,95 €

  • O QUE NON SABÍAS
    O QUE NON SABÍAS
    PEDROSA, ELBA
    Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co silencio. Marisa, muller afouta e tenaz, non vai permitir que os erros da mocidade nin os prexuízos lastren o seu destino. A través das lembranzas da adolescencia, o seu fillo Roberto proxecta a admiración incondicional cara a ela e culpa do desacougo ao proxenitor. Esta...

    18,50 €

  • VELENO DE TINTA IMPRESA
    VELENO DE TINTA IMPRESA
    NEIRA CRUZ, XOSÉ ANTONIO
    Elvira Morales, unha moza nacida a finais do século XIX, acaba de rematar os estudos de maxisterio e toma a decisión de apostar polo seu soño de traballar como xornalista nunha sociedade en que ese cometido está reservado para os homes. Con todo, a sociedade coruñesa da época foi berce de figuras femininas que constitúen un referente para a reivindicación e o exercicio dos dere...

    18,95 €

  • PALABRAS DE OPOTON O VELLO
    PALABRAS DE OPOTON O VELLO
    ARTÍS-GENER, AVEL·LÍ
    A novela Palabras de Opoton o Vello, de Avel·lí Artís-Gener está considerada unha obra de referencia da literatura catalá do século XX. Ambientada en Galicia, o autor quixo darlle a volta á historia nunha ficción na cal seis canoas aztecas parten de México no ano 1498 en dirección a Galicia para descubriren o novo mundo. Situada cronoloxicamente pouco antes do xenocidio de Amér...

    20,95 €

  • A CARA NORTE DO CORAZÓN
    A CARA NORTE DO CORAZÓN
    REDONDO, DOLORES
    En agosto de 2005, cando o furacán Katrina está a piques de devastar a cidade de Nova Orleáns, Amaia Salazar ten vinte e cinco anos e participa nun curso de intercambio para policías da Europol na Academia do FBI, nos Estados Unidos. Inesperadamente, a subinspectora en prácticas pasa a formar parte do equipo de investigación dirixido por Aloisius Dupree, que persegue a un asasi...

    26,95 €

  • O TATUADOR DE AUSCHWITZ
    O TATUADOR DE AUSCHWITZ
    MORRIS, HEATHER
    " O tatuador de Auschwitz " , de Heather Morris, conta a historia real de Lale e Gita, dous xudeus eslovacos que conseguiron sobrevivir ao Holocausto. Lale era un tatuador ao que os nazis obrigaban a gravar a numeración nos brazos dos prisioneiros. Así coñeceu a Gita, da que namorou intensamente, tanto que grazas a iso puideron recobrar o sentido da vida e sobrevivir ao horror....

    20,50 €

  • SHANGHAI A BARCELONA
    SHANGHAI A BARCELONA
    CASTRO MOURE, AMADOR
    Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso. " Shanghai a Barcelona " é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «esp...

    17,95 €

  • AS ESTACIÓNS DO LOBO
    AS ESTACIÓNS DO LOBO
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    É inverno, a neve cae sobre Múnic e Clara atópase perdida. Sen comprender moi ben como, errou o camiño que a levaba a converterse nunha brillante adestradora canina no seu Lugo natal e rematou alá, nun banco conxelado do Englischer Garten. Todo por aquilo que a xente denominaba «amor». Mais, que era o amor a fin de contas? Era aquilo que estaba vivindo ou a posibilidade de algo...

    23,50 €

  • GALILEO NO ESPELLO DA NOITE
    GALILEO NO ESPELLO DA NOITE
    PAZ, XABIER
    Galileo, un dos astrónomos máis célebres da humanidade, vese proscrito de vello, condenado polo Santo Oficio. El, que fora filósofo oficial na corte dos Medici e persoa reputada e achegada á curia pontificia, agora está maldito. Desde a vellez, o sabio cavila sobre a súa vida e a súa desgraza.Galileo no espello da noite é unha novela que nos mergulla na súa propia memoria, a tr...

    21,95 €


01 02 03 04 05 06 07 08