0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : PEQUENO MERLIN 36 resultados

  • BICHERÍA
    BICHERÍA
    CARLOS LOPEZ "CHINTO"
    Un libro cheo de paxaros, insectos, peixes, réptiles, felinos e demais bichería con máis de corenta contos pequenos, pero grandes en humor e tenrura, nos que descubrirás as cousas estrafalarias que lles aconteceron a estes animais e mesmo a verdadeira orixe dalgúns deles. Unha aventura bestial! ...

    16,95 €

  • EI, SUPERAVÓ!
    EI, SUPERAVÓ!
    MCCARTNEY, PAUL
    O avó é un aventureiro que sabe facer cousas incribles... Queres coñecelo? Co seu compás máxico, leva os seus netos e netas a vivir trepidantes aventuras. Únete a eles e poderás montar en peixes voadores, fuxir de animais salvaxes e escapar de avalanchas! Unha historia xenial para toda a familia escrita por Paul McCartney, a lenda do pop, que te levará a percorrer o mundo nunha...

    16,95 €

  • A FURGONETA BRANCA
    A FURGONETA BRANCA
    CASALDERREY, FINA
    Cada mañá a mesma cantilena. Pedro pega o seu nariz á ventá mentres agarda pola chegada da furgoneta branca. Nela, un home leva todos os días o alimento para o cabalo novo que tamén espera impaciente na veiga de en fronte. Sempre é así. Ata que, un día, a furgoneta branca deixa de aparecer... ...

    16,95 €

  • EU BEN VIN, VIRIVÍN
    EU BEN VIN, VIRIVÍN
    RICO VEREA, MANUEL
    Este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil que nos falan do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais.O libro acompáñase dun documento sonoro creado polo Obradoiro Experimental de ...

    18,50 €

  • PASENIÑO, PASENIÑO
    PASENIÑO, PASENIÑO
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Coa sutileza con que se desprazan as aves no aire, os poemas de Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, dialogan neste álbum coas excepcionais ilustracións de Marcos Viso. Ambos os dous seguen o rastro das pegadas que Rosalía de Castro deitou sobre as palabras, sobre a natureza e sobre o amor. Un traballo elegante e delicado, que destila emoci...

    16,95 €

  • O LADRÓN DE SOÑOS
    O LADRÓN DE SOÑOS
    FERNÁNDEZ TRELLES, SABELA
    Todas as noites, na cidade de Soñovai, Uxío o Mago encárgase de que os nenos e nenas teñan soños marabillosos. O que non sabe aínda é que preto de alí vive o ladrón de soños, que desexa levar canda el todas esas fantasías. Cal pode ser o motivo de que queira roubar as ilusións? ...

    16,95 €

  • ONDE ESTÁ NUBEBEBÉ?
    ONDE ESTÁ NUBEBEBÉ?
    FARIÑA, ANXO
    Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras.Nubebebé desapareceu, non a atopan na casa. Gliz sae na súa procura: ?Viches a Nubebebé??, pregunta a quen encontra ao seu paso.Gliz é unha...

    10,95 €

  • VIOLETA QUERE SER VAMPIRO
    VIOLETA QUERE SER VAMPIRO
    VEIGA, RAMÓN D.
    Coma todos os anos, a noite do 31 de outubro celébrase na casa de Violeta a festa do Samaín. Pequenos e grandes disfrázanse, xogan, bailan e contan contos ata ben entrada a noite, e malia os fantasmas, as bruxas e a Santa Compaña, ninguén se asusta porque, como di a avoa Pilar, «aos mortos non hai que terlles medo; cos vivos xa é outro cantar». ...

    15,50 €

  • BRANCANEVES E OS 77 ANANIÑOS
    BRANCANEVES E OS 77 ANANIÑOS
    CALI, DAVIDE
    Había unha vez, no medio e medio do bosque, unha rapaza chamada Brancaneves que fuxía dunha bruxa malvada. Nunha casiña, habitada por 77 ananos, atopou acubillo.Os simpáticos ananiños acordaron que podía quedar con eles o tempo que quixese.?Poderías axudarnos un pouco coas tarefas da casa? ?dixéronlle.Esta reinterpretación do conto clásico de Brancaneves supón un canto á liberd...

    13,50 €

  • SEMENTES
    SEMENTES
    GARCÍA VIDAL, SONIA
    No Reino das Pílulas ninguén lembra como se sementa a terra. Está prohibido.Coa chegada da lúa crecente de febreiro, unha moza vai tentar que o campo volva dar os seus froitos, malia ter que infrinxir as leis para acadalo. Unha fonda reflexión sobre o mundo en que vivimos, sobre unha sociedade dominada por artificios.Contén disco con banda sonora, conto locutado e montaxe en ví...

    16,95 €

  • SETE DENTES DE LEÓN
    SETE DENTES DE LEÓN
    COSTAS, LEDICIA
    Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo. ...

    13,95 €

  • (NON) A TODAS AS NENAS LLES GUSTA O ROSA
    (NON) A TODAS AS NENAS LLES GUSTA O ROSA
    DAVID PINTOR "PINTO"
    A través dun divertido diálogo coa súa filla, o artista David Pintor plasma algunhas das moitas e estrafalarias afeccións que poden facerlles soñar ás nenas. Un álbum que fala dos estereotipos de xénero empregando un dos mellores instrumentos: o humor. ...

    14,50 €

  • QUE QUERES SER DE MAIOR, PEQUENA?
    QUE QUERES SER DE MAIOR, PEQUENA?
    FERNÁNDEZ TRELLES, SABELA
    Que che gustaría ser de maior? A Antía moito a amola que os adultos lle fagan decote esa pregunta e, aínda máis, que sempre a respondan eles mesmos sen contar coa súa opinión: «Serás unha gran doutora, como a túa nai; ou unha gran panadeira, seguindo a tradición familiar!». Pero Antía ten moi claro a que lle gustaría dedicarse, e os oficios que imaxina non poden estar máis lonx...

    15,95 €

  • UNHA FÁBRICA DE BICOS
    UNHA FÁBRICA DE BICOS
    CANOSA, MARIA
    A Mindi non lle gustan os bicos. Nin sequera un pouco, a pesar de recibilos. Esa pode ser a razón de que non os dea. Quizais si ou quizais non.Pódese aprender a dar bicos? Existe unha máquina que os fabrica dentro de nós e os fai saír a través dos beizos? Como e cando se pon a funcionar? ...

    13,50 €

  • DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS
    DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS
    MEJUTO, EVA
    Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas percorrendo toda Galicia. Ata onde as levará a súa viaxe? Con base na tradición oral e un gran sentido do humor, Eva Mejuto e Víctor Rivas crean unha divertida aventura ao longo da xeografía galega, chea de ritmo e con moito que descubrir en cada páxina. ...

    13,50 €

  • RAPUNZEL CON PIOLLOS
    RAPUNZEL CON PIOLLOS
    EL HEMATOCRÍTICO
    Rapunzel pasa o tempo na súa torre protexida de calquera perigo: bruxas malvadas, ogros, lobos... O que non espera é ser atacada polas criaturas máis silandeiras: os piollos! Estes bichiños multiplícanse rapidamente na súa longa melena, e non hai remedio contra eles. Nin a limpeza de Brancaneves e os seus ananos, nin o raio conxelador da Raíña das Neves, tampouco o enxeño de Ga...

    14,50 €

  • A ARAÑA QUE LLES TIÑA MEDO ÁS ARAÑAS
    A ARAÑA QUE LLES TIÑA MEDO ÁS ARAÑAS
    VEIGA, RAMÓN D.
    Un sapo, unha ra, un galo, un lagarto, unha nena. A nada lle teme esta araña intrépida ata que... Un conto de medo e humor onde as risas gañan aos arrepíos. ...

    14,50 €

  • PIONEIRAS 2
    PIONEIRAS 2
    RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, ANAÍR
    Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións. ...

    16,95 €

  • É TEMPO DE ENTROIDO!
    É TEMPO DE ENTROIDO!
    VEIGA, RAMÓN D.
    É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. E que pasa cando se xuntan algúns dos personaxes máis senlleiros do Entroido para darse unha boa paparota? Que non deixan nin a vergonza do galego! ...

    15,95 €

  • O LOBO CON BOTAS
    O LOBO CON BOTAS
    EL HEMATOCRÍTICO
    Lobiño Feroz é o maior admirador do Gato con Botas, a estrela infantil de moda entre os animais do bosque. Todos queren vestir o seu sombreiro, empuñar a súa espada e calzar as súas botas, algo que o tío do Lobiño aproveita para facer negocio. Xogar seguirá a ser divertido cando teñan todo o que queiran?El Hematocrítico regresa cun conto sobre o consumismo, con lobos, gatos e x...

    15,95 €

  • PIONEIRAS
    PIONEIRAS
    RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, ANAÍR
    Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos...

    16,95 €

  • O PINTOR DE FLORES
    O PINTOR DE FLORES
    FARIÑA, ANXO
    Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras.Matís, o pintor de flores, mentres pintaba unha florboreta, caeu ao chan e mancou a man dereita. Como o poderán axudar Gliz e os membros da...

    10,95 €

  • OS ARQUIVOS SECRETOS DE ESCARLATINA
    OS ARQUIVOS SECRETOS DE ESCARLATINA
    COSTAS, LEDICIA
    A que xogan os defuntos os xoves pola noite no mausoleo de Escarlatina? Lograría a cociñeira montar o seu propio restaurante? Quen goberna no Alén na actualidade? Quen foi o verdadeiro asasino de Amanito? Son moitas as preguntas que flotan no ar, entre as tumbas dos defuntos. " Os arquivos secretos de Escarlatina " é un libro para mentes curiosas. Unha obra onde a e...

    16,95 €

  • COUSAS DE PAPÁ
    COUSAS DE PAPÁ
    GÓMEZ PATO, RAÚL / LORENZO PIÑEIRO, HÉCTOR
    Esta é a historia dun pai e dunha nena... Non, mellor non... Esta é a historia dun pai e dun neno... Tampouco... Esta non é ningunha historia. ?Cousas de papá? é un libro de poemas escritos por un pai algo tolo e moi divertido, que viaxa en vasoira, constrúe hidroavións de papel, escorrenta os pesadelos e domina á perfección a linguaxe da fantasía. Das dezasete composicións qu...

    18,50 €

  • O COCIÑEIRO MARTIÑO
    O COCIÑEIRO MARTIÑO
    LÓPEZ, IAGO
    No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións... Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa. ...

    14,50 €

  • CÁMBIACHE O CONTO!
    CÁMBIACHE O CONTO!
    CARLOS LOPEZ "CHINTO"
    Pinto & Chinto ofrécennos a súa peculiar versión dos contos clásicos de autores como Andersen, Perrault ou os irmáns Grimm e danlle unha reviravolta á súa maneira a O frautista de Hamelín, a Carrapuchiña Vermella, a Cincenta e moitos outros, poñéndonos un sorriso nos beizos. ...

    16,95 €

  • AXENTE RICIÑOS
    AXENTE RICIÑOS
    EL HEMATOCRÍTICO
    Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica? Colchóns de cama que eslombarían ata unha estatua? A axente Riciños resolve o crime antes de que se cometa. Se necesitas axuda, só tes que facerlle un aceno. ...

    15,95 €

  • PARA ONDE IMOS CANDO DESAPARECEMOS?
    PARA ONDE IMOS CANDO DESAPARECEMOS?
    MINHOS MARTINS, ISABEL
    Cada persoa di cousas diferentes sobre o lugar para onde imos cando desaparecemos. Pero, se reparamos nas cousas do mundo, podemos obter moitas máis ideas. Aínda máis posibilidades. Observemos entón..., os calcetíns, as pozas, as rochas ou as nubes. Que nos poderán dicir sobre a gran pregunta que dá título a este libro? ...

    13,95 €

  • AUGUSTA E OS SEUS MEDOS
    AUGUSTA E OS SEUS MEDOS
    FERNÁNDEZ TRELLES, SABELA
    Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas...Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles. ...

    14,50 €

  • O PEQUENO MAGO
    O PEQUENO MAGO
    CAMESELLE, ROQUE
    Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso, un neno de tan só nove anos, pero armado dunha maxia sorprendente, logra que os malvados guerreiros fuxan espavorecidos. A noticia do prodixio esténdese por toda a comarca e, a partir de entón, Dubidoso será coñecido por todos como O Pequeno Mago. Xunto coa súa insepa...

    19,50 €


01 02