0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA S.A. / Colección : Arbore 86 resultados

  • SUCOS
    SUCOS
    VIDAL PORTABALES, IGNACIO
    O avó de Aldara, o vello Moncho, comeza a facer cousas raras. Preocupada por el, a súa neta vaino acompañar nunha extraordinaria aventura enriba dunha padeadora amarela, coa que percorrerán camiños e leiras.Moncho ten un plan con catro ideas que mudarán para sempre a aldea de Xavestre e os seus veciños e veciñas. ...

    13,50 €

  • AS VINTE FADAS DE LALA RUS
    AS VINTE FADAS DE LALA RUS
    BABARRO, XOAN
    Lala Rus descóbrenos unhas fadas que cantan as súas propias cancións, mais tamén exercen de bibliotecarias, pescantinas, adestradoras, labregas, actrices, voluntarias en oenegués, fotógrafas... Ademais, por teren a condición de fantásticas, poden ir aos salóns de peitado de sereas, ser amigas do Eco, xogar coas nubes, competir en carreiras de canguros e voar no cantar do cuco. ...

    10,00 €

  • PIRATA PREGUNTA POR TI
    PIRATA PREGUNTA POR TI
    FERNÁNDEZ, ANA
    Miau! Pirata chama cada día por ti, avoa. Semella que busca a túa sombra por toda a casa e, aínda que se faga o durmido sentado na túa butaca, as máis das veces está cun ollo aberto por se te ve pasar. Agora o teu gato é meu. Pirata xa forma parte de min, dos meus mellores amigos. ...

    12,00 €

  • ROLANDO, UN FÍO RESISTENTE
    ROLANDO, UN FÍO RESISTENTE
    DE EVAN, ALBA / DOMÍNGUEZ, XABIER
    Rolando é un artista que tece obras de arte co seu fío en Preto-da-Fonte. Inesperadamente, vese arrastrado a un espazo hostil do que deberá escapar. Ao longo do traxecto atopará aliados inesperados como Silvina, que lle axudará a volver ao seu fogar. No camiño urdirán unha historia de aventuras minúscula onde o máis grande é a amizade.Atréveste a acompañalos? ...

    12,00 €

  • VRAO
    VRAO
    ALCAYDE DANS, LOIS
    En Vrao navegamos os mares infindos, paseamos polas tardes de sol, coñecemos as amizades pasaxeiras e perdémonos polos montes poboados por animais de cores. Oxalá nunca rematase o verán, o vrao. Neste libro viaxamos a través da man da infancia non revelada no camiño, nas festas, na crema de praia e nas brazadas na auga. Unha época para conservar nos episodios máis brillantes de...

    11,00 €

  • FÓRA DE XOGO
    FÓRA DE XOGO
    BAÑOS DE COS, JOSÉ LUÍS
    En Kabul, Zainab, unha nena de dez anos, ten un gran segredo: xoga ao fútbol ás agachadas nun recanto do patio despois das clases. Alí coñece a Sahraa, coa que compartirá a súa gran paixón e á que lle ensinará as regras do xogo. Pero teñen que ter moito coidado, as aguias e os señores corvos poden descubrilas.Fóra de xogo narra a historia dunha amizade, reivindica o dereito das...

    13,50 €

  • ÍCARAS
    ÍCARAS
    LABRAÑA, CARLOS
    Premio O Facho de teatro infantil 2022Lía garda un segredo, a súa nai fíxolle unhas ás con plumas de cores, pero non lle ensinou a voar. Ana, unha estudante universitaria que traballa na hamburguesaría do barrio, nin sequera ten ás. Nun anoitecer, vanse cruzar os seus camiños e descubrirán que hai máis cousas que as achegan, que aquelas que as separan. Indo xuntas, serán capace...

    11,50 €

  • O CORAZÓN DAS CASAS
    O CORAZÓN DAS CASAS
    ALFAYA, AN
    Todas as casas teñen corazón e cada corazón agocha un segredo, sabíalo?Eli lembra a súa infancia cos seus pais, Marga e Telmo, que reformaban casas vellas, e vivían nelas mentres as reconstruían. Nunha delas, na casa da cerdeira, atopa un obxecto que a leva a descubrir a Mencía, unha misteriosa nena que se acanea nun bambán no xardín, cuxa presenza lle provoca sensacións que no...

    14,00 €

  • O VIOLINO DE LUISA
    O VIOLINO DE LUISA
    SANTALICES, VERÓNICA
    O silencio apoderouse da Coruña. O vento e os reloxos enmudeceron. O mar, calmo, semella de chumbo. Non se oen nin as cantigas das redeiras na praia, nin as coplas dos mariñeiros nas tabernas antes de regresar á casa.A Música e a Poesía desapareceron para asombro e tristura de toda a veciñanza. A nena Luísa Villalta e o seu inseparable compañeiro, Violino, inician unha emociona...

    11,50 €

  • HERMILINDO ESBIRRA POEMAS
    HERMILINDO ESBIRRA POEMAS
    SEÑARÍS, PAULA
    Pronunciar palabras bonitas está totalmente prohibido no mundo mecánico. Por iso Hermilindo ten un grave problema: debe ocultar que esbirra versos que lle saen do seu corpo de latón. Un día próelle tanto o nariz que esbirra un poema enteiro diante de todos! Pobre Hermilindo, bótano do seu país por este delito! Pero o que non sabe é que, no seu desterro, descubrirá seres fantást...

    11,40 €

  • CANDO O AVÓ ESQUECEU O MEU NOME
    CANDO O AVÓ ESQUECEU O MEU NOME
    MORLAN, ROSALÍA
    ACCÉSIT PREMIO SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHÉIMER 2022O avó esquece as caras dos seres queridos e queda perido no mundo do nada onde o esquecemento lle roubas as ganas e os soños e agóchaos en caixas. A neta loita por el, colléndoo da man para que non se renda, e recupera esas lembranzas agochadas que compartiron para que non se perdan para sempre no fondo pozo da desmemoria. ...

    10,00 €

  • ESTRELA... FUGAZ?
    ESTRELA... FUGAZ?
    LABRAÑA, CARLOS
    No cinto de asteroides que hai máis aló de Neptuno naceu Meteoro. Aínda que pasaba todo o día a xogar á roda cos seus irmáns, non era feliz, sentíase diferentes. Polo que un día, aproveitando o paso dun cometa, marchou na procura dun lugar onde poder ser el mesmo. Será a Terra ese lugar ou terá que seguir a súa viaxa polo Universo para poder ser estrela? ...

    11,80 €

  • CHAMÁDEME SIMBAD
    CHAMÁDEME SIMBAD
    CASTRO, FRANCISCO
    As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar. Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ...

    14,00 €

  • OS XOGOS OLÍMPICOS DE NINGURES
    OS XOGOS OLÍMPICOS DE NINGURES
    DAVID PINTOR "PINTO" / CARLOS LOPEZ "CHINTO"
    Así empeza este divertidísimo libro que tes nas mans: "Outros Xogos Olímpicos pasarán á Historia por ser os mellor organizados. Outros Xogos Olímpicos pasarán á Historia por ser os que viron bater un maior número de récords. Pero os Xogos Olímpicos de Ningures pasarán á Historia por ser os máis estrambóticos e divertidos. Como país organizador, Ningures puido presentar os seus ...

    12,50 €

  • O PRINCIPIÑO
    O PRINCIPIÑO
    SAINT-EXUPERY, ANTOINE DE
    Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa a u...

    13,40 €

  • TONECHO DE REBORDECHAO
    TONECHO DE REBORDECHAO
    RIVEIRO, BREOGÁN
    Rebordechao é unha aldea que queda alá por... chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de todos, porque en Rebordechao... non quedan máis nenos ca el. ...

    13,90 €

  • SOBREMESAS SOBRE VERSOS
    SOBREMESAS SOBRE VERSOS
    CASTRO, RAQUEL
    PREMIO SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHÉIMER 2022Uxía e a súa avoa Sica elaboran sobremesas mentres lembran os costumes do Courel, a mocidade e infancia dunha anciá que comeza a despoboarse de saberes e recordos. ...

    14,00 €

  • ALÉN DAS ESTRELAMARES
    ALÉN DAS ESTRELAMARES
    LAGO PEREIRA, XOAN XOSÉ
    Unha centola de viveiro non se resigna á súa sorte e soña coa liberdade do mar aberto nas Illas Cíes.Acompáñano na aventura o cruel polbo Chapapote e os perigosos habitantes do Alén, pero tamén Águeda, a peixeira, e o sabio caranguexo Respostas.Ao final, nesta peculiar odisea, entre o sentido da solidariedade e o humor, o amor convértese no premio ben merecido. ...

    15,65 €

  • O TESORUO DO CASQUEIRIÑO
    O TESORUO DO CASQUEIRIÑO
    CABALLERO, FELIX J.
    A procura dun tesouro agochado plos mouros na praia ribeirense do Baluarte, levará a un feixe de rapaces a descubriren a historia e a paisaxe da zona e, sobre todo, o valor da amizade. Guiados por O Ciprianillo, un vello libro que se tiña por máxico, explorarán algúns dos lugares máis misteriosos da contorna. ...

    11,80 €

  • XOÁN, XOANA
    XOÁN, XOANA
    CASTRO, FRANCISCO
    XIX Premio de Literatura Infantil e Xuvenil "Pura e Dora Vázquez" 2022Xoán non é Xoán: é Xoana. É tan difícil de entender?Vai ter que xogar o partido de fútbol máis difícil da súa vida. Unha batalla contra Os De Atrás, eses que non queren que as persoas sintan en liberdade. ...

    14,70 €

  • VOA, VOA!
    VOA, VOA!
    TRILLO, ARTUR
    Todas as tardes, Xoana baixa xogar ao parque, onde coincide con Anxo, un neno introvertido que non lle gusta nada brincar fóra, e que prefire estar na casa vendo a tele ou xogando cos videoxogos. Pouco a pouco vai entrando nos seus xogos, que lle ensinara a súa avoa.Un texto que se propón recuperar retrousos, xogos de man e toda unha relación de ditos populares centrados nas pe...

    14,50 €

  • QUÉRESME ADIVIÑAR?
    QUÉRESME ADIVIÑAR?
    CORTIZAS, ANTON
    Queres agora ou non queres?Se non queres, quererástarde ou cedo, cedo ou tarde,enredar a adiviñar.Se non adiviñas hoxe,xa adiviñarás mañá. ...

    14,70 €

  • TEÑO UN VOLCÁN DENTRO
    TEÑO UN VOLCÁN DENTRO
    CANOSA, MARIA
    V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, 2022Miguel observa o mundo con ollos comúns, pero ten unha mirada diferente. A súa cabeza procesa as cores, os números e a música dun xeito especial. Quen o rodea é consciente do extraordinario do seu interior.Miguel sente que baixo o peito algo estoupa.Ten un volcán dentro. ...

    14,70 €

  • DANIEL NO PEIRAO
    DANIEL NO PEIRAO
    CARBALLEIRA, PAULA
    Daniel é un neno que sabe mirar doutra maneira o mundo e rir, tamén para dentro. En realidade, chámase Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, aínda que será lembrado como Castelao. Vive en Rianxo, pero vai ter que emigrar á Arxentina coa súa nai, pero antes quere debuxar todos os lugares e as persoas que coñece, para non esquecer nada. A súa amiga, Baltasara, que sabe de con...

    11,80 €

  • AMIGA LÚA, AMIGO MAR
    AMIGA LÚA, AMIGO MAR
    CASTRO, CLAUDIA
    Amiga lúa, amigo mar, son poemas tecidos a partir doutros versos, que nos fan vogar por augas salgadas ao abeiro o luar. ...

    11,90 €

  • O CABALIÑO DE BUXO
    O CABALIÑO DE BUXO
    NEIRA VILAS, XOSE
    Ruliño é un neno galego.Un seno de aldea.Ruliño é aínda pequecho.Pero xa vai entendendo algunhas cousas. Peauecho é tamén o seu mundo. Un mundo que ten o grandor da aldea, onde así e todo hai moito que ollas e deprender. ...

    10,00 €

  • PLANETA BUGALLO
    PLANETA BUGALLO
    CASTRO, RAQUEL
    Dous extraterrestres chegan á terra. Falan galego porque o galego é a lingua de todo o Universo. Procuran falantes de galego en Galicia... e cústalles atopalos. Un libro divertido a nivel cósmico. ...

    13,15 €

  • POR MOR DE CINCO PIZZAS AOS CATRO QUEIXOS
    POR MOR DE CINCO PIZZAS AOS CATRO QUEIXOS
    NEIRA CRUZ, XOSÉ ANTONIO
    Uns días antes do Nadal, Piero desapareceu. Estaba a papar a última das cinco pizzas que apostara manducar de golpe, cando a súa barriga fixo pufff e os ollos se lle pecharon. Desde ese momento, correu a voz de alarma en toda a Comunidade. Onde estaba Piero? Só a súa curmá Bárbara e tío Ted sabían que aquela desaparición non fora totalmente casual. ...

    14,00 €

  • CARLIÑOS, CAPITÁN!
    CARLIÑOS, CAPITÁN!
    BABARRO, XOAN
    Un neno que debuxa ñus, ...?????????????..., un papagaio con síndrome feirante, unha avoa detective, unha nai e un pai que se separan, un psicólogo, un veterinario, un locutor famoso, unha banda de traficantes, unha escola do Brasil… ...

    14,00 €

  • DE CANDO O SUSO FOI CARTEIRO
    DE CANDO O SUSO FOI CARTEIRO
    NEIRA VILAS, XOSE
    Xesús, querido irmán:Ti, que me relevaches no trasfego de lle dar ó zoco, coa carteira ó lombo, polos camiños de Candañedo, Merza e Señorín de Bascuas, ben mereces estas páxinas. De certa maneira es, ou fuches, o Suso neno.Recíbeas, pois, coma un sinxelo agasallo de palabras, que te levarán á nosa primeira andaina.Pepe. ...

    11,90 €


01 02 03