0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA S.A. / Colección : Dombate (Poesía) 42 resultados

  • O TENRO É O SALVAXE
    O TENRO É O SALVAXE
    L. PARÍS, SAMUEL
    Que material queda dentro e fóra das nosas vidas? Como se escolle? E, máis importante: que construímos con el? Da tona ao óso, O tenro é o salvaxe cuestiona desde o social ao persoal nunha proposta chea de lirismo, ironía e humor. ...

    17,50 €

  • O LIBRO DA EGOÍSTA
    O LIBRO DA EGOÍSTA
    CASTAÑO, YOLANDA
    Este libro é distinto aos que Yolanda Castaño ofrecera antes, un punto e á parte na súa obra. Ela mesma o cualifica de atípico. O libro da egoísta é un retrato ou busca interior que é tamén simulación, labirinto, retratos e rostros múltiples, tantos coma mulleres e seres humanos hai, tantos coma lectores. ...

    12,00 €

  • AS FLORES DO BALEIRO
    AS FLORES DO BALEIRO
    ROMERO, MEDOS
    "As flores do baleiro" é un pranto contido diante dunha inmensa traxedia humana, un testemuño poético e persoal desde o ventre dunha pandemia, a dor en extrema soidade.Tamén é a fraxelidade do ser humano, o seu egoísmo e a súa necidade, e a barbarie na súa dimensión máis salvaxe, onde "somos máscaras desta traxicomedia debuxando cicatrices que espantan". ...

    14,00 €

  • CUSPINDO MISERIAS
    CUSPINDO MISERIAS
    RODRÍGUEZ, NEVES
    Canto pode aguantar un corpo?Cada verso de Cuspindo miserias é un berro que dá voz ás dores mudas. Este poemario anda un carreiro escuro, visceral, sucio. Un percorrido para ceibarmos do que nos abafa, pero que deglutimos por medo. Ou por vergoña.Poemas descarnados e crus. Poesía en coiros. Pensamentos feridos en lostregadas que queiman os ollos. Cervexa na vaixela chinesa da t...

    14,50 €

  • DESAPARECER
    DESAPARECER
    GARCÍA REGO, PILAR
    desaparecer é a derribapero tamén a contendaa muda imprecisa cara ao retorno[Este libro foi escrito durante un proceso difícil, trastornado, nun movemento de precesión, expulsivo]En que consiste a valentía? ...

    14,50 €

  • BISCOITO DE LARANXA
    BISCOITO DE LARANXA
    CHAPELA, DANIEL
    A familia, desde a nosa chegada ao mundo, define a forma de nos relacionar, de amar e de existir, sendo, xeralmente, un espazo de opresión.Biscoito de laranxa pretende mergullar o lector no proceso de perda dun ser querido e nas tensións que se xeran dentro do núcleo familiar. Unha obra sobre a conexión coa terra, aferrando a memoria á carne para sentir as costuras das relación...

    12,65 €

  • DAKOTA
    DAKOTA
    ÁLVAREZ, MASHA
    A poesía acumula puntas de frecha na terra, escava no tempo e a raíz levanta o chan. Masha Álvarez corta as fronteras políticas e familiares que, como pastores eléctricos, convidan a non pasar. E ela pasa.Existe un fondo de electricidade, unha alma que se gaña a si mesma meténdose por onde os camiños abertos son case espellismos. O poema é o acubillo das ruínas e a labarada do ...

    11,90 €

  • RETRATOS DE VODAS, PARTOS E FUNERAIS
    RETRATOS DE VODAS, PARTOS E FUNERAIS
    PENAS, SILVIA
    Asomarse a un retrato como quen busca na profundidade do espello esa outra que unha vez foi, será ou está sendo. Mirarse noutras mulleres que, coa boca chea de terra ou de auga, esparexen a memoria e o herdo, a beleza e a escuridade da ferida.Estes retratos rodeados de marcos ofrecen declaradamente un segmento para a fuxida, a constatación dunha fenda en cada foto tirada con pa...

    12,90 €

  • CLAUSTRO CORDA COMENSAL
    CLAUSTRO CORDA COMENSAL
    MERINO, SAMUEL
    A voz [guía] que fala nesta especie de crónica do suceso, comparece para abrir unha porta pola que acceder a un recanto da memoria.A voz [testemuña] que fala nestes versos ofrece un esquema —claustro, corda, comensal— dun desastre colectivo ao que vos convoca desde o pasado. A voz [poética] que fala neste libro sitúase permanentemente no limiar.Estar sempre no limiar, estar tan...

    13,50 €

  • UN COMPROMISO CO ASOMBRO
    UN COMPROMISO CO ASOMBRO
    ELSON, REBECCA
    Se existe un verso celeste que nace aos pés de Safo, acaróase a Dickinson, miaña nas hortas de Issa e na cociña de Szymborska, ese verso é acariciado pola astrónoma e poeta Rebecca Elson. Nesta obra única dunha voz sutil como materia escura, Elson gravita con perspicaz elegancia pola enfermidade, o espazo exterior e o íntimo, e déixanos un legado polímata: a física e o poema ap...

    16,65 €

  • ONDE FERVE A MEMORIA
    ONDE FERVE A MEMORIA
    RODRÍGUEZ BAIXERAS, XAVIER
    Na primavera silenciosa o poeta consegue entrar na súa casa, mais só para atopar o abatemento e a disolución de infinitos voos converxentes de morcegos, que logo asociará ao comportamento da anguía, cando esta, antes de se esvaecer no mar, xa non logre regresar en forma larvaria á terra da que partiu.En Onde ferve a memoria, morcegos e anguías son, pois, os seus protagonistas,...

    13,95 €

  • SERENOU A NÉBOA
    SERENOU A NÉBOA
    GUEDE, MANUEL
    Este é o regreso de Manuel Guede a un lugar que é máis ca unha cidade posible ou o reverso dun espello chamado Ourense. A néboa é a celebración dunha derrota: inaugurada en 1985 con Contra Serenou, continuada en 2000 con As doce e sereno e que agora conclúe sabendo xa que é nesa dignidade onde se toma conciencia da historia, desde onde se axitan os desconcertos e se intenta poñ...

    14,30 €

  • XERACIÓN
    XERACIÓN
    RODRIGUEZ GONZALEZ, JAVIER
    Desencantada crónica dos anos de xuventude e retrato mordaz das doenzas da realidade social e cultural deste tempo, Xeración (breve tratado de males inespecíficos) é un repertorio de desafeccións, de recontos necesarios, de paixóns e militancias fenecidas. Unha proposta inconformista, alicerzada na liberdade creadora, que conxuga as imaxes irracionais e o ton elexíaco coa inces...

    10,80 €

  • POEMAS ESCOLLIDOS
    POEMAS ESCOLLIDOS
    Nestes Poemas escollidos, Liz Lochhead presenta unha selección persoal de poemas publicados nas últimas catro décadas. O amor e a memoria son a forza destas composicións, que van dende a linguaxe á paisaxe, dende o amor á historia, dende a paixón pola música e as artes plásticas ata o feminismo. Ás veces conmovedora, ás veces divertida, extravagante, sempre loitadora, franca e ...

    19,20 €

  • BEN SABE O MAR QUE POSUO O BOTIN DAS PIRATAS
    BEN SABE O MAR QUE POSUO O BOTIN DAS PIRATAS
    CAMPELO, LUZ

    13,95 €

  • UN AMOR ANTIGO
    UN AMOR ANTIGO
    CASTRO, LUISA
    Un amor antigo é varias cousas ó mesmo tempo. Pódese ler coma unha volta ás orixes onde a pegada do amor acode para rescatarnos, pero tamén pode ser o comezo dun vivir máis libre, se noción ningunha do pasado. Estes versos recórdannos que amar implica esquecer, e vivir sempre comezar. Singular, coma todo a produción da súa autora, este novo libro asómase mçais ca nunca á vertix...

    14,00 €

  • DE ROSA ANTIGA
    DE ROSA ANTIGA
    VILLAR JANEIRO, HELENA
    De rosa antiga pretende celebrar as vodas de ouro de Helena Villar Janeiro coa poesía (1972-2022); unha escolma que poida ser mostra significativa do que leva dado de si a polifonía dun canto que se iniciou hai cincuenta anos, con Alalás (1972).Poeta serodia e non doada de situar nun grupo establecido, participou no Colectivo Cravo Fondo (1979), cando as mulleres non interviñan...

    17,05 €

  • DIORAMA
    DIORAMA
    CAROU,JOSÉ
    A primeira noite que durmimos na casa do faro, espertei co zunido das hélices na procura de sobreviventes. Os poemas atravesan as idades da luz. Cada verso sae ao rescate proxectando unha ilusión fílmica. Un océano no teito do dormitorio. O zunido das hélices desaparece. Se perdemos a fala, esquecemos a orixe do universo, e deixamos de recender os significados, de debuxar coa v...

    17,05 €

  • A MIÑA TERRA É UN VELLO FALAR
    A MIÑA TERRA É UN VELLO FALAR
    POMBO, MANUEL
    “O meu ser tamén ten dereito a buscar o seu destino, ao seu xeito, a buscar o seu desasosego, o seu canto, a súa propia poesía”, indicaba o autor na súa obra Desvendado (Editorial Galaxia, 2021).En A miña terra é un vello falar, Manuel Pombo Arias recolle a súa poesía recente, unha “poesía experimental” e tamén “irracional”, buscando romper co instituído e na procura de novas f...

    16,65 €

  • O CORPO TRANSPARENTE DAS HORAS
    O CORPO TRANSPARENTE DAS HORAS
    PÉREZ, ABRAHAM

    16,35 €

  • A LISTA DA COMPRA
    A LISTA DA COMPRA
    BESTEIROS COMESAÑA, MARIA

    11,90 €

  • ANTESE
    ANTESE
    NOGUEIRA, ARANCHA
    Premio Victoriano Taibo 2021Dúas mulleres, nai e filla. Un lugar: o xardín. Unha condición: o crecemento. Unha pexa: o vencello que é ligadura. A partir de situacións cotiás, cunha poética baseada na linguaxe coloquial e nos símbolos dos medios dixitais, na música e na evocación de imaxes, Arancha Nogueira fai presente a circunstancia principal da vida: o acceso á liberdade.O p...

    13,25 €

  • A HERDADE
    A HERDADE
    SOUTO VILANOVA, CÉSAR
    Se os poemas deste libro se dispoñen a falar de herdanza e de xeración é en nome da xustiza, porque toda pretensión de xustiza —como sostiña J. Derrida— require consideración cara a eses outros que xa non son. Ao faceren seu ese propósito, os versos revíranse contra si mesmos. Constatan que “non abonda o que espella en van / o enfeite que apenas é pompa que non calla”. Contra o...

    13,25 €

  • A  ABERTURA DA BOCA
    A ABERTURA DA BOCA
    CALLÓN, CARLOS
    No Antigo Exipto existiu un ritual relixioso que recibiu o nome de “abertura da boca”, uep-rá. Con el, conseguíase que unha momia recuperase as funcións de alimentarse, comer, beber, respirar e ollar, ou ben que unha estatua cobrase vida. Carlos Callón convoca esta metáfora para se debruzar sobre unha “certa estadía nun certo inferno” e levarnos canda el polos lindes inmapeábei...

    12,00 €

  • NOTAS SOBRE A EXTINCIÓN
    NOTAS SOBRE A EXTINCIÓN
    DACOSTA, MARTA
    Notas sobre a extinción nace da capacidade de asombrarnos e descubrirmos a fermosura das pequenas cousas, de comprobar, unha vez máis, que a poesía é quen de borrar os límites do tempo e o espazo e de fixar, coma unha alfaia imprescindíbel, cada unha das palabras que nos construíron e nos negamos a perder. Poesía-antídoto. Poesía-paz.Contemplar e reconciliarnos coa vida. Descub...

    17,05 €

  • 17 SEGUNDOS
    17 SEGUNDOS
    URIBE, KIRMEN
    Dezasete segundos é a media de tempo que un visitante dun museo para diante dun cadro. Este libro recolle poemas escritos entre os anos 2002 e 2019. Dezasete anos tan longos coma dezasete segundos. Mais, se pensamos con atención, o ritmo da poesía é outro. A poesía consiste en parar o tempo, a poesía é mirada, a poesía é poñer atención en todo o que está a piques de desaparecer...

    19,20 €

  • HUMANARIO
    HUMANARIO
    GARCÍA REGO, PILAR
    Lindes fráxiles como unha capa de xeo no mar de Bering entre o Hoxe e o Mañá.Humanario é un travelling polo máis evolucionado dos animais (oxalá un día venzan). É posible, iso si, que a viaxe comece cara abaixo (a Catá-base), ata o fondo da lama, ata non recoñecer as nosas propias mans. ...

    13,95 €

  • FOLGOS. TROBAS EXISTENCIAIS
    FOLGOS. TROBAS EXISTENCIAIS
    NOGUEROL, JEI
    Jei Noguerol é coñecido en Galicia polo seu excelente traballo como cantautor, necesario para entender a música galega do último terzo do século pasado e do actual. Mais, alén do músico, habita nel un poeta que ten, como nas cancións, algo que contar, e faino dende un ollar directo, en absoluto alleo ao ritmo, mais concentrado en versos de granito e forza maiúscula. Un descubri...

    11,00 €

  • ÁRBORES NO DESERTO
    ÁRBORES NO DESERTO
    FERNÁNDEZ RIAL, ROSALÍA
    Igual que a escultura vive nos bloques de pedra andes de ser tallada, a poesía latexa no corpo en prosa do pensamento filosófico.Do mesmo xeito que as partituras sustentan as acrobacias da improvisación, entre os cimentos dos discurso sólidos brinca, funambulista, a liquidez dos versos. Así, este libro escribiuse ao desconstruír a voz e o trazo das súas autoras. Sobre a trama r...

    16,35 €

  • FRAGMENTO / CREBA
    FRAGMENTO / CREBA
    PÉREZ, ABRAHAM
    Un poemario dun autor que, malia a súa xuventude, é quen de gravitar coa palabra no máis profundo da conceptualidade ontolóxica, esa en que hai que entrar para entender o mundo ou, cando menos, para significalo. A realidade non é uniforme. A existencia móstrasenos. E a través das súas fendas, o poeta penetra dende sílabas tamén feitas anacos. O poema é un mapa que encaixa na re...

    17,05 €


01 02