
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2019
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-8464-494-1
- Páxinas:
- 72
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Seteleguas
27 HISTORIAS PARA TOMAR A SOPA
WOLFEL, URSULA
A apaixoante historia da máquina de saltos-xira-balanceadora-tocabuguinas, as atípicas apetencias culinarias das vacas, o temor a voar dunha bolboreta recén nacida ou a xenerosidade dun esquío cunha familia de ratiños campestres son algúns dos relatos breves -pero de intenso sabor- que unha nai vai debullando para vencer a desgaña do seu fillo ante un prato de sopa.
Todos, nalgún momento da nenez ou da madurez, nos vimos reflectidos neste libro: ben argallando trucos para abrir o apetito dos cativos, ben abrindo a boca para darlle a benvida a sucesivos bocados que sucaban o aire a bordo de garfos voantes.
A culler que co lle mos con estas 27 historias para
tomar a sopa contén as suxerentes narracións de
Úrsula Wölfel, aderezadas co talento do ilustrador
Pablo Bernasconi. Para tomar a sopa, para ir para a
cama, para dar un baño... calquera actividad e se volve irresistible se a precede algún destes relatos, estructurados cunha linguaxe sinxela e práctica.
O gato que comía flan de chocolate, a lebre que salvou ás demais dos cazadores grazas á agudeza das súas grandes orellas, os avatares dun coche de xoguete que se coou nas galerías subterráneas dun ha toupa...
A habilidade de Úrsula Wölfel para conectar co a sensibilidade infantil e atraer a súa atención Úrsula Wölfel queda demostrada neste libro, ao que seguen 28 historias para rir e 29 historias disparatadas.