
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2015
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-945-8
- Páxinas:
- 64
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
A AMIGA DE OSIÑO
SENDAK, MAURICE / HOLMELUND MINARIK, ELSE
...Cando chegou ao chan, encontrou unha nena pequena.
Creo que me perdín.
Puideches ver o río desde alá arriba? preguntoulle a nena
Puiden, si. Vives alí? dixo Osiño...
A finais dos anos 50 do século pasado, Else Holmelund Minarik e Maurice Sendak comezaron a publicar os títulos dunha serie que, case seis décadas despois, segue conservandoo encanto e a tenrura dos contos de antano, reforzados polo estilo dos antigos gravados, aderezados con suaves pátinas de cor.
A amiga de Osiño conta a ilusión que experimenta este entrañable personaxe humanizado ao coñecer a Emilia, coa quen comparte paseos, charlas e festas xunto con outros habitantes do bosque, ata o momento de tristeza no que teñen que separarse ao final do verán.
O valor da amizade, descubrir gustos comúns, establecer unha complicidade mutua e axudarse ante as dificultades son parte das vivencias que recolle esta obra, cun estilo sinxelo e lúdico.
Así, os novos amigos prometen reencontrarse ao verán seguinte, mentres os autores do libro fannos partícipes do gran momento no que Osiño é quen de comezar a trazarlas súas primeiras letras, estreando un agasallo moi especial