- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2023
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-1343-233-5
- Páxinas:
- 40
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
A BAÑARSE!
GOMI, TARO
Un álbum divertido, ideal para contar, cheo de sorpresas, xogos visuais e onomatopeas, que aborda o hábito cotián do baño con graza e orixinalidade. Chega o final do día e, antes de ir durmir, León ten que bañarse. Que dis, mamá? Quitar a roupa un león?, di. Coa complicidade e, ás veces, a desesperación da súa nai, León vai despoxándose de todas as pezas de roupa, capa a capa, ata quedar completamente espido. A partir dese momento, o baño convértese noutra estimulante aventura. Cunhas ilustracións sinxelas, definidas e expresivas, A bañarse! constitúe un recurso máis para fomentar a autonomía dos nenos e as nenas á hora de afrontar as tarefas cotiás como espirse e asearse.