- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-19213-04-4
- Páxinas:
- 360
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A CASA GRANDE DE ROMARIGAES
RIBEIRO, AQUILINO
Esta é a crónica dunha casa: dende a súa construción
a mediados do século xvii até a súa decadencia
e abandono a finais do século siglo xix. E é tamén
a historia de Portugal dende a súa independencia
de España, pasando pola invasión francesa,
a guerra civil ou os recorrentes pronunciamentos
militares.
A modo de reportaxe contemporánea, pero facendo
gala dun estilo poético e refinado que mestura
con exuberancia a linguaxe erudita e a popular,
desfila por estas páxinas unha dinastía de nobres
que ao longo de case tres séculos acumulan relacións
prohibidas, fillos ilexítimos, amores, traizóns,
heroes ou mortes estrañas.
Escrita en 1957 por Aquilino Ribeiro, o escritor
portugués, xunto con Fernando Pessoa, máis destacado
do século xx. A casa grande de Romarigães é
un espello fascinante da historia moderna
de Portugal e, por extensión, do resto de Europa:
a confrontación entre a servidume da vida rural
baixo a hexemonía do clero e a nobreza.