- Editorial:
- HÉRCULES EDICIONES
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-18966-59-0
- Páxinas:
- 192
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A CIDADE MÁXICA
NESBIT, EDITH
Philip, o irmán menor e único membro da familia de Helen, vese obrigado a abandonar a súa idílica vida cando a súa irmá decide casar. Ademais dos problemas derivados do cambio de casa e da perda de intimidade que ambos tiñan, Philip ten que afacerse a convivir coa súa medio irmá, Lucy coa que non se leva nada ben e con outros habitantes da casa, coma unha desdeñosa e estraña coidadora.
Aproveitando a ausencia da molesta coidadora, un día Philip decide buscar consolo na construción dunha desas cidades máxicas que adoitaba montar con Helen, na que emprega xoguetes, mobles, libros e outros obxectos estraños.
Unha noite, a súa creación cobra vida e el e Lucy son transportados de forma máxica a ese lugar. Agora deberán tratar de salvar a Cidade Máxica cumprindo unha antiga profecía, aínda que unha adversaria misteriosa está disposta a roubarlles a gloria.