- Editorial:
- EDICIONS MORGANTE
- Ano de edición:
- 2015
- ISBN:
- 978-84-15166-54-2
- Páxinas:
- 428
A CONXURA DOS GOSENDE
SOLLA, CALROS
E nesas andamos, percorrendo o territorio entre o Verdugo e o Umia, os ríos, fontes e regatos pequenos desta nosa milenaria Terra de Montes, aínda que a cacicaxe reinante non vexa máis ca montes de terra, para degradar, espoliar e malvender ao mellor postor. Terra de Montes é moito máis ca un viveiro de fachendosos de parroquia metidos a políticos, trepas mediocres que utilizan os concellos para autopromocionarse, para beneficiarse das prebendas do poder.
Este volume continúa o traballo comezado nO código da vincha e As pedras da tribo, dentro da colección Cerdedo in the Voyager, unha viaxe pola historia e cultura milenarias de Cerdedo.