- Editorial:
- EDITORIAL HUGIN E MUNIN
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-126007-0-4
- Páxinas:
- 152
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A CURMÁ PHILLIS
GASKELL, ELIZABETH
A curmá Phillis, publicada en catro partes entre 1863 e 1864 na prestixiosa revista literaria de Londres The Cornhill Magazine, conta a historia da curmá segunda do narrador, Paul Manning, a partir de que este a coñeza sendo mozo e, sen pretendelo, trastorne o seu destino. A autora aborda o tema da sedución, os seus perigos e contrapartidas, ademais de afondar no tratamento da intimidade da auténtica protagonista, Phillis, vista sempre dende a ollada de Paul, quen se sente fascinado tanto pola súa beleza coma polo seu talento natural e a curiosidade constante respecto de todo aquilo relacionado coa cultura.
No campo da narrativa breve, poida que esta peza de Gaskell sexa a máis lograda da súa ampla produción, na medida na que aparecen ben representados os múltiples arquetipos rurais e vitorianos, nun marco inspirado no Cheshire da infancia da autora (no noroeste de Inglaterra, onde vivía a súa tía, quen a educou).
O éxito da novela, tanto antano coma hoxe, débese ás sinxelas e sutís descricións de ambientes e personaxes e á acertada contraposición da realidade labrega (afastada da clase acomodada descrita por outras escritoras da época) e o mundo industrializado. Outros aspectos que a crítica adoita salientar son a fluidez imprimida á trama, sen excesivas ramificacións, o humor sutil, o final aberto e mais a autonomía da protagonista, unha personaxe complexa que non se axusta aos estereotipos esperables.