- Editorial:
- EDITORIAL HUGIN E MUNIN
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-123933-5-4
- Páxinas:
- 538
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A EDUCACION SENTIMENTAL
FLAUBERT, GUSTAVE
A educación sentimental publicouse en dous volumes en 1869 e nela Flaubert quixo retratar, a partir da súa experiencia persoal e a dos seus amigos, a historia moral e sentimental da súa xeración. Deste xeito, fusiona as regras da novela histórica coas do realismo para abordar en tres partes os feitos acaecidos entre 1840 e 1868, ao tempo que reinventa a novela de aprendizaxe.
O fío condutor é Frédéric Moreau, un mozo de provincias que se traslada a París e verá fracasadas todas as súas expectativas e ilusións. A súa historia de amor cunha muller casada bastantes anos maior ca el, inspirada en feitos autobiográficos, é o auténtico motor da trama.
Malia que cando se publicou foi duramente tratada pola crítica, incómoda ante o reflexo dunha realidade inmediata pintada co pesimismo característico do autor, a obra converteuse nun clásico de inmensa influencia, tanto polas súas escenas memorables, que cabe saborear liña a liña, coma polas innovacións que contén: a escasa importancia concedida á trama, a prol da descrición; un narrador impersoal; o uso de técnicas como o estilo indirecto libre e o contrapunto; e, sobre todo, as elipses e as rupturas temporais, por veces dunha secuencia a outra «os brancos de Flaubert», en palabras de Proust, que case parecen anticipar a fotografía e a montaxe cinematográfica.