
- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Ano de edición:
- 2018
- Materia
- Xuvenil
- ISBN:
- 978-84-16721-16-0
- Páxinas:
- 376
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa K
A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE
KELLY, JACQUELINE
Callie Vee díxome, téñoche unha cousa para ti. Foi ata a súa mesa e sacou un caderniño forrado de coiro vermello que puña Recordo de Austin na tapa . Mira dixo. Nunca o usei. Podes empregalo para anotares as túas observacións científicas. Ti vas para naturalista. E que era exactamente un naturalista? Eu non o tiña claro, pero decidín facer de naturalista o resto do verán. Se só consistía en ir anotando todo o que vía arredor de min, entón sabía facelo. Ademais, agora que tiña onde anotar todo, empecei a ver cousas nas cales non reparara antes. As primeiras anotacións que tomei foron sobre os cans. Por
culpa da calor, quedaban deitados na terra coma se estivesen mortos...
A evolución de Calpurnia Tate conta a historia dunha nena de case 12 anos -a máis nova de sete irmáns- no seo dunha familia acomodada nunha pequena vila de Texas. nvestigando nos libros da biblioteca e facendo ensaios nun pequeno laboratorio, achegarase á figura e aos descubrimentos revolucionarios de Charles Darwin.
Trátase dunha novela xuvenil, extensible ao interese dos lectores adultos, polo que se axusta ao concepto
actual de crossover.
.