
- Editorial:
- BELAGUA EDICIONES Y COMUNICACIÓN, S.L.
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-128106-8-4
- Páxinas:
- 200
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A FILLA DE LUCRECIA
PAZ, XABIER
A filla de Lucrecia conta a peripecia de dúas mulleres sinaladas pola xustiza é a loita por sobrevivir nas estremas. A vontade ferreña da nai e as súas habelencias, quer de adiviña quer de parteira, axúdanas a manterse até ser acollidas en cas de dona Elvira, viúva mourisca.
Son tempos nos que ferven os cárceres da Inquisición en delincuentes contra a fe, ilustres ou plebeos, homes ou mulleres. Tempos nos que os mouriscos son expulsados e calquera trazo islámico é perseguido. No ambiente de fanatismo católico sucédense os autos de fe en Granada, onde Alba medra entre dous mundos: o cristián na cidade, e o mourisco dentro da casa. Ao fin, o deprendido cabo da nai e o seu propio temperamento encarreirarán a súa vida, gobernada polo namoro e a seda, nun finximento social contracorrente.