- Editorial:
- CANELA PRODUCIÓNS, EDITORIAL ETNOGRÁFICA
- Ano de edición:
- 2018
- Materia
- Fotografía
- ISBN:
- 978-84-09-03835-0
- Páxinas:
- 264
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Imaxes dun País
A IDADE DO FERRO
UNHA TRADICIÓN ENTRE GALICIA E ASTURIAS
SALGADO, JOSÉ M.
Incluído na colección Imaxes dun País, o presente foto ensaio dá a coñecer a singular cultura do ferro que aínda se conserva no noroeste peninsular dentro do espazo xeográfico comprendido, aproximadamente, polas Reservas da Biosfera: Terras do Miño, Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá e Río Eo, Oscos e Terras de Burón, situadas dacabalo entre a provincia de Lugo e o occidente de Asturias.
Esta cultura, que conta con moitos séculos de antigüidade, encárnase aínda hoxe nas decenas de homes e mulleres fotografados, un colectivo humano único en Europa e que agora sae á luz grazas ao traballo realizado por José M. Salgado durante case un lustro.
Un traballo documental que percorre os espazos e visita ás persoas, no que ofrece un retrato espido do estado actual dun modo de vida, ligado ao mundo agrario e preindustrial que busca, a duras penas, sobrevivir.
O libro contén, ademáis, unha presentación do autor e tres amplas introducións escritas por Luis Celeiro Álvarez (xornalista), Clodio González Pérez (Investigador e membro do Museo do Pobo Galego) e Juaco López Álvarez (Director do Muséu del Pueblu d´Asturies)