- Editorial:
- CHAN DA PÓLVORA
- Ano de edición:
- 2017
- ISBN:
- 978-84-947698-5-6
- Páxinas:
- 50
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A LENTITUDE
MARÍA DO CEBREIRO
A lentitude, reivindicación de María do Cebreiro fronte ás presas da presión social.
O libro pecha unha triloxía que a autora iniciou no ano 2014 con Os inocentes e que inclúe tamén o volume Deserto.
A xuízo da escritora, A lentitude é en certo modo unha reividicación, pois considera que a presión social para xestionar e superar procesos que, pola súa natureza, teñen un tempo que cómpre respectar é algo profundamente estúpido.
A escrita torrencial de María do Cebreiro, un dos nomes máis admirados da poesía galega actual, chega en A lentitude á explosión do poema na samieira, entendido o poema como reflexo case mimético da respiración da poeta e a samieira como un veo denso de palabras tras o que se esconde a montaña. Os lectores e as lectoras descubrirán unha María do Cebreiro máis vibrante que nunca, cunha linguaxe que arrastra os sedimentos da ametencia críptica, con revoltas que por momentos nos aproximan á mística, ao zen, ás sentencias morais, á intimidade confesional ou á revelación visionaria dunha muller que se reconstrúe constantemente na escrita. Sen dúbida tedes nas mans o libro máis sorprendente da autora desde a asombrosa fonte de Os hemisferios.