- Editorial:
- HÉRCULES EDICIONES
- Ano de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-19754-14-1
- Páxinas:
- 120
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A MADRIÑA
ARAÚJO, NONES
Era o ano 57 do século pasado. A madriña, muller entrada en anos, obriga ao destino a poñer nas súas mans a vida dunha nena que, filla de pais emigrados, queda baixo a súa tutela, en total desamparo. A madriña, rexida polos mandamentos divinos e convencida de que o sufrimento e o sacrificio son virtudes e non atrancos, educa
a afillada nunha pedagoxía austera na que sempre un censor, un deus ou un xuíz avaliarían a diario os feitos da pequena.
A escola, as cartas e as fotos que chegan polo océano son as únicas alegrías que ela lle permite nos anos da nenez compartida. Só o avó paterno é quen de demostrarlle cariño, pois a madriña, afastada da familia, interpreta o mundo como un val de bágoas, sen saber atopar ningún pracer na vida.
Ao regreso dos pais de Venezuela, a vida familiar da nena e dos dous irmáns énchese de gozo pero tamén de desacougos. Só as festas en agosto na aldea mudan o mundo: o bo sempre abonda e o malo semella escaso.
Pasados uns anos, é na cidade de acollida onde comeza o futuro da pequena xa adolescente. Aí vive descubertas marabillosas e outras desacougantes que a empurran a medrar á présa.
Estaba escrito nas estrelas ou só no corazón que o azar fixese ben o seu traballo: foi o amor o que, agochado tanto tempo, lle recuperou a nenez, sen rancor.