
- Editorial:
- OQO EDITORA
- Ano de edición:
- 2015
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-9871-526-2
- Páxinas:
- 36
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Colección O
A MELLOR SOPA DO MUNDO
ISERN, SUSANNA
Nun lugar escondido do bosque,
unha pequena cabana tiña a luz acendida.
Pola cheminea saía fume:
Tartaruga estaba preparando a comida.
Sorprendidos por unha tormenta de neve, varios animais refúxianse na casa de Tartaruga que, nese momento, poñía a auga a ferverpara preparar unha sopa.
A medida que van chegando, os hóspedes ofrécenlle: cenorias, froitos vermellos, cebolas, mel e outros moitos ingredientes para que bote na ola.
Mentres, fóra escurece e o frío chega. Dentro da casa, os convidados comparten un bo momento e colaboran na preparación da cea.
Cando proban a sopa, todos cren que é a mellor do mundo e, abraiados, pensan que Tartaruga engadiu algún ingrediente especial que eles descoñecen. Ao final, Tartaruga desvélalles o seu segredo.
Despois de ¡Pilú! ¡Pilú!, Oso atrapabolboretas e ¿Ónde estás, caracol?, a autora Susanna Isern catívanos de novo cun conto onde os animais son os protagonistas: "Aínda que agora vivo a carón do mar, son nacida no Pirineo, por iso creo que case sempre as miñas historias transcorren en bosques e están protagonizadas por animais."
Isern apunta que a historia xurdiu no seu pobo hai un par de invernos: "Eu estaba na casa, coa miña familia, gozando da calor do lume; mentres fóra non paraba de nevar. Sentín que todo o que me arrodeaba era o mellor do mundo. O benestar e sobre todo a compañía fan que valoremos máis as pequenas cousas."
"Como este conto ten moito pelo (dos animais protagonistas) e moita la (da roupa quentiña que levan) pensei que os lapis de cores eran perfectos para debuxalo." Así resume a ilustradora Mar Ferrero a elección da técnica para as ilustracións deste libro.
Na súa primeira colaboración con OQO editora, Ferrero ofrécenos unha proposta plástica que nos atrapa desde a cuberta.
Os seus tenros personaxes resaltan sobre fondos brancos, sen artificios, e acollen o lector, que entra a formar parte da historia como un comensal máis. Escenas cheas de pequenos detalles convídannos a volver ás imaxes unha e outra vez, co fin de descubrir elementos novos.
Para plasmar o calorciño que desprende o conto, a ilustradora concibe unha casa un tanto especial: "
podía facer a típica casiña de madeira ou pedra, mais quería que fose un punto de luz cálida no bosque e á vez chea de vida e natureza, por iso fixen un invernadoiro, que é o espazo máis axeitado para que unha tartarura viva no medio da neve."
Partindo dun encontro fortuito, propiciado polo mal tempo, esta historia amosa que con pouco pódese facer moito, á vez que resalta o valor das pequenas cousas e, sobre todo, da amizade.