- Editorial:
- URCO EDITORA
- Ano de edición:
- 2016
- ISBN:
- 978-84-15699-92-7
- Páxinas:
- 116
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A POESÍA MÍSTICA E CÍVICA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
GARCÍA, XOSÉ LOIS
Xosé Lois García é unha personalidade tan poliédrica, de tan vasta memoria, e con tanta enerxía creativa e de traballo, sempre sorprende e desborda, como neste orixinal e entusiasta traballo sobre Díaz Castro que temos nas mans.
A súa paixón centrouse nesta vez en Díaz Castro, como anteriormente no seu tamén admirado amigo Novoneyra, e case parecía condenado a ter que facelo: coma el emigrante, coma el poeta, coma el de orixe campesiña, coma el namorado e vencelladísimo á terra da infancia e á súa sabia cultura rural (para min segue destacando entre a súa producción creativa o seu reeditado Do Faro ao Miño sobre o seu telúrico espazo chantadino, nutrido, anímico e mítico), coma el aberto a grandes horizontes doutras literaturas, coma el tradutor, coma el cultivador de amizade, e coma el home moi relixioso
malia declararse, quizais coa boca pequena, non crente neste texto (vede o seu comentario a O berro das pedras
).
Xosé Antón Miguélez Díaz