- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2024
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-1343-314-1
- Páxinas:
- 28
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Acartonados
A QUE SABE A LÚA?
GREJNIEC, MICHAEL
Unha edición grande e acartonada do clásico ilustrado, agora en galego, ideal para contar e compartir.
A que sabe a lúa? é, sen lugar a dúbidas, unha das publicacións máis emblemáticas do catálogo de Kalandraka. Desde a súa publicación en 1999, máis de 500.000 exemplares deste relato de solidariedade e soños compartidos teñen viaxado a fogares, escolas ou bibliotecas nos diferentes idiomas nos que foi editado: galego, castelán, català, euskara, portugués, inglés, italiano... Kalandraka achéganos agora en lingua galega este clásico contemporáneo nun novo formato en cartoné e tamaño excepcional, ideal para ler en grupo e que de certo se converterá nun recurso imprescindible para mediadoras, escolas e bibliotecas.
A que sabe a lúa?, escrito e ilustrado polo autor e ilustrador polaco Michael Grejniec, é un libro especialmente recomendado para primeiros lectores. Basea a súa estrutura nas repeticións e na acumulación de personaxes, un recurso moi frecuente na literatura de tradición oral. Esta obra convida a ser contada, conseguindo unha grande interacción entre o narrador e os receptores.