- Editorial:
- EDICIÓNS EMBORA
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-17824-03-7
- Páxinas:
- 310
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa
A ROTA DO OESTE
DACOSTA, HENRIQUE
O islandés Gudmund Arnórsson emprende a vella rota que os seus predecesores tardoviquingos inauguraran moitos séculos atrás, o Vestvegr. Desde Ribe, en Xutlandia, navega até chegar ao porto de Ferrol. Axéxao
un pasado cheo de fracasos e turbacións.
Ana Saavedra artella unha ambiciosa publicación. Interésase por algunha persoa escandinava que queira envolverse na iniciativa e na que Gudmund Arnórsson participará de bon grado.
Como nunha sorte de road movie, o lector verase deste xeito mergullado nunha vertixinosa aventura de persecucións, contrabandistas, enganos e dilemas éticos.
Unha trepidante narración chea de intrigas e sorpresas en que, xunto con Ana e Gudmund, a indómita paisaxe islandesa, un mar de tormentas, Ferrol e o Camiño Inglés virán a converterse en verdadeiros protagonistas do
relato.