- Editorial:
- EDICIÓNS POSITIVAS
- Ano de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-122421-4-0
- Páxinas:
- 218
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Narrativas
A TERRA DO ADEUS
A TERRA DO ADEUS é un libro atípico sobre a emigración.
O pai do autor foi un dos numerosos galegos do rural que emprendeu a aventura americana a principios do
século XX. Procedente dunha aldea ao norte de Santiago establécese como obreiro na industria cigarreira de Tampa, onde casa e ten familia.
Afectado subitamente por unha grave doenza, decide volver á súa terra natal, mais non consegue recuperarse e morre lonxe da súa xove esposa deixando dous orfos: unha nena e un neno. Moitos anos despois, en 1965, este último decide
visitar a aldea de seu pai e indagar as circunstancias daquela morte que a falta de comunicación entre as dúas beiras do Atlántico convertera nun enigma familiar.
(do LIMIAR)