- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-8487-551-2
- Páxinas:
- 52
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Ventoalto
A TIMIDEZ DAS COPAS
OLIVEIRA, RUTH
A timidez das copas é un fenómeno biolóxico que consiste nun distanciamento das árbores na súa cúspide. As follas máis altas deteñen o crecemento para non tocarse coas das copas adxacentes. O espazo resultante debuxa unha sorte de aberturas que permiten a entrada de luz no bosque. É así posible a fotosíntese.
A poesía percorre os carreiros do ceo a través do desexo, a procura, a incerteza. A maternidade cóase no torrente das fendas, ancora na frondosidade para crear unha natureza inventada. Afastarse do estalido da realidade. Un lugar ao abeiro do bosque no que experimentar o vínculo dende o sosego e o silencio.
Co paso lento procuro non deixar pegada nesta fraga virxe
Prometer un ronsel invisible a cambio dun refuxio.