Obra de investigación predominantemente filolóxica, desentraña os arcanos da toponimia máis antiga e escura dos "brigantinos", sen esquecer as pegadas toponímicas deixadas por outros pobos celtas que viviron e laboraron na antiga Gallaecia. O presente volume ofrece porpostas toponímicas novidosas, ata o de agora inéditas, e porfía en exhumar un período da historia de Galicia pouco coñecido e especialmente ignorado: o dos celtas ou celtici do noso antigo territorio. A toponimia dos celtas brigantinos e doutros pobos da Gallaecia contribúe a librar do esquecemento o atlantismo galego -complemento sine qua non do celtismo-, ignorado e disimulado a mantenta polo poder centralizador do corte e intereses mediterráneos.
Fernando Cabeza Quiles, figura fundamental na cultura do noso tempo, recoñecida internacionalmente pola súa investigación toponímica- con máis de 30 anos de especialización na materia-, atinxe na presente obra, con ánimo ameno e divulgativo, un fito no coñecemento dos nomes de lugar de orixe celta na rexión de Bergantiños e no conxunto de Galicia.