Imaxinade un encontro sorprendente entre dous estudosos da natureza , separados por dous mil anos de progreso científico . Unha xuntanza máxica onde un antigo druída e un biólogo moderno conversan , mentres que o lector descobre como a ciencia contemporánea está recuperando coñecementos perdidos e a bioloxía se focaliza cada vez máis na necesidade de achegarse a un estilo de vida natural . Os protagonistas deste libro acompañaranvos nun paseo estimulante a través do bosque , entre árbores , cores , olores , razoando sobre a relación entre os elementos e dialogando sobre a sacralidade da vida en Gaia , o noso planeta , que chegaredes a comprender na súa esencia de organismo vivente . A conversa entre os dous sabios flúe espontaneamente , nun ir e vir de ideas para a reflexión en equilibrio constante entre ciencia e filosofía , bioloxía e espiritualidade , contemporaneidade e antigüidade .