- Editorial:
- EDICIONS DO CUMIO, S.A.
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-8289-545-1
- Páxinas:
- 304
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Temos memoria
A VIDA INCERTA
BIOGRAFIA DE VIRXINIA PEREIRA
FAJARDO, MONTSE
A maioría da xente non sabe como se chamaba a muller de Castelao, e entre a xente que si o sabe, prevalece a idea errónea de que Virxinia Pereira Renda -que así se chamaba- non era mais ca unha señorita conservadora, relixiosa e algo superficial da Estrada. Como moito, xorde a abnegada enfermeira e compañeira do home no exilio que si era, pero hai máis. Esa imaxe deixaba atrás outras facetas dunha muller que permaneceu rexa durante o tempo en que padeceu os rigores do exilio coa mesma intensidade que Castelao, e aínda así puxo por riba de todo a defensa dos valores galeguistas, republicanos e antifascistas que pode que lle trasmitise el, pero que ela asumiu coma propios e defendeu ata o final da súa vida.