
- Editorial:
- CATROVENTOS EDITORA, S. COOP. GALEGA
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-124635-0-7
- Páxinas:
- 184
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
ALÉN DO AZUL
O MUNDO SUBMARINO DA RÍA DE VIGO
CARRASCO GONZÁLEZ, SARA / IGLESIAS PRADO, SILVIA
Sara Carrasco e Silvia Iglesias(13 Grados) invítannos a mergullarnos na ría de Vigo e a visitar un mundo próximo baixo outra luz. Alén do azul. O mundo submarino da ría de Vigo é unha viaxe para coñecer as paisaxes submarinas e os seres que as habitan por medio de fotografías, ilustracións e mesmo vídeos ligados con códigos QR.
Nesta edición especial ampliada, coñeceremos aínda máis sobre os habitantes dos nosos fondos mariños(e non tan fondos) cun capítulo sobre a columna de auga, hábitat e lugar de paso de luras, rinchas e quenllas, entre outros fabulosos seres. A obra inclúe unha escolma de recomendacións para coñecer de preto o mergullo e facer esta actividade de xeito responsable.