- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-8487-623-6
- Páxinas:
- 124
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
ALGUÉN VIRÁ...
ROMANTICISMO, MEMORIA E REVOLUCIÓN NA LITERATURA DE LUÍS SEOANE
GARCÍA MARTÍNEZ, PABLO
Alguén virá? é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galego máis internacional do século XX, Luís Seoane (1910-1979). O marco temporal para estas cavilacións son os frenéticos anos cincuenta: o período de maior produción literaria de Seoane, mais tamén un tempo de reformulación das hexemonías culturais nun Atlántico norte co que el seguía vencellado, aínda dende a distancia do exilio. Eran anos nos que o triunfo da narrativa da ?posguerra? despois da Segunda Guerra Mundial contrastaba coa persistencia da guerra que expulsara da península a milleiros de exiliados republicanos. Neste contexto ?ineludible para entender o encontro cos intelectuais de Galaxia do período 1956-1958?, Seoane afonda na percepción do desaloxo da historia á que estaban forzados os exiliados, unha conclusión pesimista que metaboliza, porén, a través da escritura literaria. Exemplo disto son o poemario As cicatrices (1959) e, sobre todo, a obra de teatro A soldadeira (1957), analizadas no libro.