- Editorial:
- EDICIONS DO CUMIO, S.A.
- Ano de edición:
- 2010
- ISBN:
- 978-84-8289-224-5
- Páxinas:
- 36
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- INFANTIL
ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS
CARROLL, LEWIS
Edicións do Cumio recupera este clásico de Lewis Carrol achegándonos, nesta ocasión, unha adaptación da novela orixinal pensada especialmente para os nenos. O libro, editado en gran formato e atoda cor, no que se dá unha importancia esencial ás ilustracións da artista Ana Santiso.
??Que amoladura! Gustábacheme ben saír a xogar a ese xardín! ?dixo Alicia mentres deixaba a chave enriba da mesa. E tivo sorte, porque alí mesmo, sobre a mesa, descubriu unha botelliña cunha etiqueta que dicía «Bébeme». Alicia cavilou un anaco se debía bebela ou non. E como dicía «Bébeme» e non dicía «Veleno» nin nada así, finalmente decidiu botarlle un bo grolo. Mmmm? estaba ben bo, que sabía a filloas con azucre, e a orellas de Entroido e a lacón con grelos? e ademais fíxoa encoller e encoller ata que xa cabía pola portiña!!!?