- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2024
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-1343-316-5
- Páxinas:
- 18
- Encadernación:
- Otros
- Colección:
- Do berce á lúa
ANIMAIS
RUBIO, ANTONIO
Os títulos máis coñecidos da colección 'Do berce á lúa' nun formato máis grande ideal para contar e compartir.
Combinando os recursos do cancioneiro tradicional infantil e recoñecibles imaxes sobre fondos claros, esta colección para cantar e contar é xa un referente da LIX para o tramo 0-3 anos e contribúe a iniciar o camiño da prelectura de moitos nenos e nenas. Cada título é un exercicio poético para «educar o ollo e adozar o oído», como explica o seu autor, e pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación.
Co obxectivo de facilitar o traballo de mediadores e mediadoras, Kalandraka retoma a publicación dos títulos máis exitosos da colección nun formato grande e ideal para compartir. Así, tras Lúa chega ás librarías Animais no que criaturas grandes e pequenas nos convidan a gozar do xogo, do ritmo, da rima e da amizade.