- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-9151-647-7
- Páxinas:
- 112
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Letras galegas. Clásicos
ANTRE DOUS SÉCULOS
ÁLVAREZ LIMESES, GERARDO
O cosmos poético de Antre dous séculos xira ao redor dunha Galicia rural que se olla a través da súa paisaxe, unha Galicia folclórica poboada de tópicos costumistas, agarimosa e fermosa, que Álvarez Limeses humaniza, pero onde non falta a preocupa¬ción social na denuncia da inxustiza, a pobreza, a fame e a miseria do labrego, con quen o poeta se amosa solidario.
Este poemario, con prólogo de Castelao, deu nome á chamada xeración de entre dous séculos, e que agrupaba os escritores galegos nacidos entre 1869 e 1879, protagonistas da transición da literatura galega no cambio de centuria, entre os que estaban, ademais de Álvarez Limeses, Noriega Varela e Cabanillas.