
- Editorial:
- EDITORIAL HUGIN E MUNIN
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-121280-1-7
- Páxinas:
- 180
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
AS CONFESIÓNS DUNHA FILLA DO SÉCULO
As confesións dunha filla do século. Epistolario dunha morta (Milán, 1901) é unha novela epistolar escrita cun estilo vivaz e desinhibido, que xa no título revela o seu modelo, Confession d'un enfant du siècle (1836) de Alfred de Musset, aínda que tamén mantén un vencello evidente coa literatura etiquetada como rosa da francesa Gyp (Sybille-Marie-Antoinette de Riquetti de Mirabeau).
A protagonista, Viviana, dá a coñecer o seu testamento espiritual logo do seu suicidio a través de oito cartas que desvelan aos poucos detalles da súa vida e a súa personalidade. En todas as misivas, ela, agonizante, reivindica con firmeza a súa sexualidade, que agroma na adolescencia co forte desexo cara á súa amiga Paola, e que cos anos se verá condicionada pola miseria e o infortunio. Ademais, sentirá o asoballamento dunha realidade na que priman a hipocrisía e as conveniencias, o que afianza nela o afastamento dos estereotipos impostos polos amantes que pasaron pola súa vida.