- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-9995-453-0
- Páxinas:
- 416
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
AS HORAS MORTAS
VIAXES E CONVERSAS POR CEMITERIOS GALEGOS
PEDREIRA, EMMA
Concibido como unha guía de lugares mais tamén como un compendio de historias para ler desde o sofá, este libro percorre unha pequena parte dos máis de 3.600 cemiterios da nosa comunidade autónoma, desde o histórico Santo Amaro ata un dos cemiterios máis pequenos do mundo. Da tumba dun Nobel ata a dun actor proposto ao Óscar.
A autora viaxa, ás veces soa e outras acompañada por persoeiros vencellados ao cemiterio que visita para coñecer máis de cerca as lendas e as historias reais, ás veces con límites difusos, achegando á nosa literatura unha viaxe única e persoal, resultando unha antoloxía de lugares fúnebres e rituais e crenzas relacionadas coa vida e a morte.
Percorridos como a Ruta dos Cemiterios indianos do norte, os cemiterios illegos, os desaparecidos, republicanos, protestantes e de disidentes, son algunhas das propostas dAs horas mortas.