- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2022
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-1343-149-9
- Páxinas:
- 32
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
AVOA DE ARRIBA E AVOA DE ABAIXO
DEPAOLA, TOMIE
A Tomi encántalle ir de visita os domingos á casa
dosseus avós. Mentres a avoa prepara un rico biscoito
abaixo, na cociña, a bisavoa descansa no cuarto de arriba
e cóntalle vellas historias de trasgos. Unha mañá,
a nai de Tomi dálle unha mala nova:
a avoa de arriba morreu esta noite.
Este relato autobiográfico, tenro e emotivo, achega
os nenos e nenas a cuestións fundamentais: as raíces
familiares, os afectos, o paso do tempo, a vellez,
a perda dos seres queridos e como superar esa situación
ou a importancia da memoria e dos recordos.
Considerado xa un clásico contemporáneo, as súas
ilustracións de cores suaves reforzan a atmosfera
íntima da historia.