- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-8487-661-8
- Páxinas:
- 275
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Foradeserie
BESTIARIO EN PEDRA
ANIMAIS FABULOSOS NA ARTE MEDIEVAL GALEGA
L. BERNARDEZ, CARLOS / MARIÑO FERRO, XOSE RAMON
Este traballo pretende recuperar unha parte esquecida do noso patrimonio artístico e simbólico. Aínda que a maioría das persoas hoxe non as vexa, a arte medieval está repleta de representacións de animais, nas marxes dos manuscritos, na escultura decorativa, nos capiteis, nas cornixas e gárgolas e nos cadeirados de coro.
Os temas e motivos simbólicos dos animais fabulosos, con paralelos en Europa, presentan en Galiza unha riqueza e unha variedade verdadeiramente extraordinarias. Destacan os conxuntos das catedrais de Santiago e Ourense, da igrexa e do espectacular claustro de San Francisco de Ourense, das igrexas betanceiras, das de Ribadavia e desa xoia que se chama Santiago de Breixa...
Os autores recollen na arte do noso país os exemplos de anfisbenas, basiliscos, bestas apocalípticas, centauros, dragóns, grifóns, harpías, sereas ave e sereas peixe e proporcionan un vasto repertorio de textos antigos e medievais e unha interpretación que permite comprender a súa omnipresenza nas nosas catedrais e igrexas.