- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-8487-432-4
- Páxinas:
- 64
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Ventoalto
CADERNO DUN REGRESO Á TERRA NATAL
VENTOALTO POESÍA
CÉSAIRE, AIMÉ
O Caderno, sendo a súa obra máis representativa, expresa por primeira vez de xeito poético este concepto que pretende proclamar o dereito do negro a unha existencia autónoma. Escrito en primeira persoa, á semellanza da escrita automática surrealista, libra as visións que de xeito cinematográfico lle van aparecendo nese regreso real ou imaxinario á súa terra natal durante unha mañá dende ao esmorecer a alba ata o final do día. A desolación impregna a primeira parte do poema, un sentimento que se torna en rebeldía, para se erixir en voceiro do seu pobo alienado pola colonización, tenta inculcarlle unha esperanza, reconstruír a súa identidade, revalorizar a condición de ser negro, e situalo nun humanismo rexenerador na cultural universal.
Sen dúbida, no momento no que foi escrito, unha obra revolucionaria que presentaba unha visión anticolonialista do mundo e que dá o primeiro aviso do inicio da descolonización e da emancipación dos pobos que se vivirá nos anos 50 do século pasado.