
- Editorial:
- ALVARELLOS EDITORA, S.L.
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-16460-67-0
- Páxinas:
- 56
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Libros do Sarela [creación]
CALDALOBA EN TERRAS DE VALVERDE
DE CALDALOBA DO CONCELLO DE COSPEITO
RÁBADE PAREDES, XESÚS
Na histórica e hoxe moi esquecida Torre de Caldaloba (Cospeito, Lugo), resistiu ás tropas castelás, ata a súa morte, a filla do mariscal Pardo de Cela, Constanza de Castro.
Sobre este feito e lugar, o poeta, narrador e ensaísta Xesús Rábade Paredes (Seixas-Cospeito, 1949) crea unha lenda histórica, Caldaloba en terras de Valverde (Alvarellos Editora) recoñecida o pasado decembro co 1º Premio na primeira edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, que convoca o Concello de Cospeito.
O xurado destacou a súa imaxinación, a riqueza do contido histórico e antropolóxico, e o xeito de enfiar un corpus poético onde pasado e presente conflúen arredor do símbolo que representa a Torre de Caldaloba.