- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2018
- ISBN:
- 978-84-8464-376-0
- Páxinas:
- 48
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
CARA DE VELOCIDADE
PREMIO DE POESÍA PARA NENAS E NENOS CIDADE DE ORIHUELA 2017
TOJO, MARGA
Cara de velocidade é o resultado de acudir á literatura como bálsamo, refuxio e bitácora da superación de «H».
Neste poemario están presentes os seus avances en forma de pasos de xigante e a satisfacción do retorno ao fogar logo dunha convalecencia; a enfermidade toma forma de monstro ao que sedesafía, co que se dialoga e convive; e sobre todo, a vida cotiá afróntase con humor, fortaleza, optimismo e imaxinación fronte á adversidade.
A superheroína con superpoderes que protagoniza estes versos urbanos ten a capacidade de converter a hora de comer nun xogo disparatado ou nunha festa con improvisados instrumentos musicais; e dun accidente caseiro xorde a excusa perfecta para fantasear con fascinantes peripecias, trascendendo as súas consecuencias negativas.
Marga Tojo proxecta nela os seus temores e ledicias, ou inquedanzas cotiás que, a través do filtro literario, chéganos baixo o punto de vista infantil, cargadas de divertidas metáforas e cunha lírica musical - de efectos terapéuticos - que bebe de voces contemporáneas: Patti Smith, The Rolling Stones, Nina Simone, Fran Pérez Narf
...
María Hergueta afonda no carácter lúdico dos poemas cunhas ilustracións próximas á estética do cómic de aventuras, con trazos estilizados e cores planas.