- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-8464-435-4
- Páxinas:
- 192
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Biblioteca de Pedagoxía
CARTA A UNHA PROFESORA
CON EPÍLOGO DE CARMEN BETTI
ESCOLA DE BARBIANA
Carta a unha profesora foi o sorprendente texto escrito
por nenas, nenos e adolescentes dunha escola rural italiana entre 1966 e 1967 para denunciar a selectividade social
que impón un modelo de educación clasista e conservadora. Foi elaborada desde unha escola promovida e xestionada
por Lorenzo Milani. A mensaxe do libro recorda ao Balbino
de Memorias dun neno labrego, o ninguén que -da man
de Neira Vilas- denunciaba a mala escola e os profesores autoritarios. Esta obra converteuse axiña na lectura
de cabeceira de moitas mestras e mestres. As ideas de Milani puxéronse en práctica nas casas e nos colexios vencellados
ao Movemento de Educadores Milanianos.