
- Editorial:
- ALVARELLOS EDITORA, S.L.
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-16460-57-1
- Páxinas:
- 86
- Encadernación:
- Otros
- Colección:
- < Xenérica >
CARTAFOL DE MIRAXES
PREMIO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA
LAGO BARCALA, ALEIXANDRE
Obra gañadora da edición nº 44 do veterano Certame Literario do Concello de Vilalba (Lugo). Leva por título Cartafol de Miraxes e o seu autor é un novo poeta e esta é a súa primeira obra, Aleixandre Lago Barcala (A Coruña, 1992).
Consta de 43 poemas onde cada palabra e cada son da música poética están pensados e ubicados no seu preciso lugar. Cartafol de miraxes é un libro de desenganos e de espellismos. Así o resume o autor: "expreso unha serie de desenganos respecto das ilusións, vagas e narcisistas, que se fai un cando é pequeno, respecto de ideas como o amor, a morte, o tempo... Ideas que, ao medrar, un vai vendo que son espellismos.
En canto aos aspectos formais, a poesía de Aleixandre Lago combina composicións tradicionais coma o soneto co verso libre e métricas diversas, pero sempre atendendo a esa fonda musicalidade da palabra escrita.
Cartafol de miraxes está ilustrado con traballos de Álvaro Peleteiro (collage de portada) e Antonio Reboredo (ilustracións interiores).
Sempre en Galiza, 4 15706 Santiago de Compostela
981 522 137 correo@alvarellos.info www.alvarellos.info
Facebook de Alvarellos Editora Twitter de Alvarellos Editora
CONFIDENCIALIDADE: Esta mensaxe e os posibles documentos que a acompañan son confidenciais e remitidos exclusivamente aos destinatarios aos que van dirixidos. Se por un erro, de envío o de transmisión, recibiu esta mensaxe e non é @ destinatari@, por favor, notifíqueo de contado ao teléfono: 981 522 137 ou ao enderezo electrónico correo@alvarellos.info, e non use, informe, distribúa, imprima, copie ou difunda esta mensaxe por ningún medio.
Para contribuír ao coidado do medio ambiente, por favor, non imprima este correo electrónico se non é preciso.
cid:image005.png@01CF95E1.621BE810