- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-8487-615-1
- Páxinas:
- 100
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
CARTAS DE GALIZA
Esta nova edición e tradución das Cartas de Galiza actualiza e anota as oito crónicas que Prosper-Henri Devos publicou no xornal L?Etoile Belge entre setembro e outubro de 1912, un documento histórico e literario de valor incalculábel. Case perdidas para o lectores e investigadores galegos e portugueses, hoxe é preciso recuperalas como memoria individual dun escritor novo, ávido de novas experiencias, que simpatizou coas xentes máis humildes, e como memoria colectiva da Galiza.
En Cartas de Galiza, o escritor aventúrase nunha busca do eu interior, do espazo alleo e da Historia. Fuxida constante cara ao pasado, evasión permanente do escritor cara ao imaxinario fronte a unha realidade, a da súa propia vida, que o afoga e o mutila, as Cartas atrapan ao escritor belga noutro espazo-tempo á marxe da modernidade e da civilización europea.