
- Editorial:
- ESPIRAL MAIOR
- Ano de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-122271-2-3
- Páxinas:
- 147
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Ensaio
CARVALHO SEMPRE. ALUSTRES DE VIDA E OBRA
SOTO, LUIS G.
Á volta de trinta anos, sen chegar nunca a desaparecer, temos outra vez connosco Ricardo Carvalho Calero. Ao longo deste tempo, e desde antes, non deixou de interesar e de inquietar. A razón dese interese e desa inquietación persistentes reside na importancia e na fertilidade da súa obra científica e artística, así como no relevo e na aura da súa traxectoria persoal. Eses factores colócano nunha posición, ao mesmo tempo, central e marxinal na cultura galega contemporánea, incluíndo a situación actual. Porque Carvalho representa, coa súa obra e a súa vida, moito do que se fixo e do que hai que facer, mais tamén parte daquilo que non se fixo e, mesmo, non se quere facer.